Gandeiros de toda España visitan explotacións galegas que están a apostar polos cruzamentos

Medio cento de produtores de Cataluña, Cantabria, Asturias e Castela e León desprázanse a catro granxas das provincias da Coruña e Lugo que implantaron o sistema Procross para coñecer os seus resultados en canto á mellora de fertilidade, saúde e lonxevidade do gando e ao aumento de graxa e proteína logrados no leite

Campo Galego 23/06/2023 8:57 a.m.

Medio cento de gandeiros procedentes de toda España visitan esta semana Galicia para coñecer de primeira man a experiencia de catro granxas da comunidade que teñen implantado o sistema de cruzamentos Procross no seu gando, un método de inseminación rotacional que emprega tres razas (holstein, montbeliarde e roja sueca) para mellorar cualidades como a fertilidade, a saúde e a lonxevidade das vacas, así como lograr un aumento das calidades do leite en termos de porcentaxe de sólidos (graxa e proteína). 

O obxectivo destas visitas é dar a oportunidade de analizar polo miúdo os datos de cada explotación e os resultados acadados grazas aos cruzamentos tamén en termos de rendibilidade económica e redución de custos veterinarios e man de obra. 

Aos gandeiros procedentes de Cataluña, Cantabria, Asturias e Castela e León uníronse tamén produtores de distintas zonas de Galicia, que puideron coñecer a experiencia de Villameitide SL, unha das primeiras explotacións que empezou a cruzar seguindo o método Procross en Galicia, no ano 2015, e que hoxe conta co 93% do seu rabaño mestizo. En concreto, esta gandería de Trabada está a muxir 171 vacas cunha produción media de 41 litros a un 4,03% de graxa e un 3,23% de proteína.

As xornadas de portas abertas inclúen Villameitide SL (Trabada), SAT A Campa (Curtis), Gallardo SC (Guntín) e Condado SL (Castro de Rei)

Na xornada deste xoves visitouse tamén SAT A Campa, no concello coruñés de Curtis, que moxe 417 vacas, das que o 35% son Procross, cunha produción media de 39,7 litros cun 3,93% de graxa e un 3,67% de proteína, e Gallardo SC, no concello de Guntín, que dispón de 2 robots de muxido e 110 vacas en produción, o 43% delas Procross, cunha media de 41,5 litros diarios a un 4,20% de graxa e un 3,58% de proteína.

As visitas a ganderías Procross en Galicia inclúen este venres a Condado SL, unha explotación de Castro de Rei que ten 131 vacas en produción, o 60% delas cruzadas, con medias de 38,8 litros, un 3,87% de graxa e un 3,63% de proteína.

Imaxes das visitas: 

[caption id="attachment_202700" align="aligncenter" width="660"] Jose Rodríguez, de Gallardo SC, explicando a súa experiencia cos cruzamentos a outros gandeiros[/caption]

[caption id="attachment_202697" align="aligncenter" width="660"] Pepe Barcia, de Villameitide SL, exercendo de anfitrión na súa explotación[/caption]

[caption id="attachment_202691" align="aligncenter" width="660"] Alberto Lamas, de SAT A Campa, respondendo ás preguntas sobre o funcionamento da súa granxa[/caption]

[caption id="attachment_202817" align="aligncenter" width="660"] Ramón Lamas, de Condado SL, dando a benvida á súa explotación este venres en Castro de Rei[/caption]

[caption id="attachment_202709" align="aligncenter" width="660"] Vacas cruzadas en Gallardo SC[/caption]

[caption id="attachment_202706" align="aligncenter" width="660"] Algúns dos asistentes analizando polo miúdo os datos dunha das granxas[/caption]

[caption id="attachment_202718" align="aligncenter" width="660"] Vacas procross en SAT A Campa[/caption]

[caption id="attachment_202814" align="aligncenter" width="660"] Vacas procross na sala de muxido de Condado SL[/caption]

[caption id="attachment_202715" align="aligncenter" width="660"] Algúns dos gandeiros chegados de outras comunidades atendendo as explicacións sobre as melloras logradas[/caption]

Etiquetado
Ir a la portada