Leite

Gandeiros de Agris coñecen tres ganderías en intensivo punteiras en España

Loading ad.
Ad could not be loaded.
27/10/2017 8:15 p.m.

Un grupo de 20 mozos socios da cooperativa Agris S.C.G. Veñen de facer unha viaxe formativa de tres días de duración co obxetivo de mellorar a súa capacitación profesional, Visitaron as explotacións de Tauste Ganadera, Granja San José e Blanca Pyrenees - La Ponserosa Holsteins todas elas explotacións intensivas e punteiras no sector leiteiro en España e a nivel europeo.

No caso de Tauste Ganadera (Zaragoza), fundada en 1973 e unha das maiores explotacións de gando vacún leiteiro de España, con un exquisito trato e manexo do gando e as súas características xenéticas, que fan desta explotación un referente no sector. Desde a súa orixe adícase á produción de leite e a venda de gando selecto, aumentando posteriormente as estas actividades á comercialización de produtos lácteos.

Destaca tamén actualmente pola produción de biohumic, un bioestimulante que mellora o crecemento vexetativo das plantas, creado para a xestión dos residuos de cama quente empregada na explotación. Conta cun total 1530 reses en muxido da raza Holstein de alta xenética. A súa produción é de 53.000 litros en tres muxidos diarios e da emprego a un total de 37 traballadores.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A Granja San José, en Huesca, despunta polas melloras continuas das instalacións gandeiras para a produción de leite. Contan cunha sala rotativa para 80 vacas, con selado robotizado como principal novidade. É de salientar o investimento en cow confort na granxa que xunto co manexo, reprodución e alimentación dan como resultado unha máxima produtividade por vaca. A produción é de máis de 100.000 litros en tres muxidos diarios cun total de 56 traballadores.

Para a xestión dos residuos, teñen dúas grandes fosas con paredes chorantes chamadas weeping-walls nas que mediante a decantación filtran a auga do xurro, e reutilízana para a limpeza dos establos por flushing e para fertilizar. Por último cabe mencionar a gran inversión en fertirrigación, que consiste nun sistema de rega con pivot no empregan auga, purín filtrado, e fertilizantes líquidos no caso de requerilos o cultivo.

Finalmente visitouse Blanca Pyrenees-La Ponderosa Holsteins, en Lleida, unha granxa modelo en vacún de leite con centro de investigación e numerosos estudios de distintas casas comerciais e con referencia no sector.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os gandeiros de Agris foron recibidos á mañá por José Ahedo Fernández que aportou o seu gran coñecemento do sector cunha charla sobre “recría, unha gran oportunidade para os produtores”. A continuación, visitaron as instalacións da granxa que constan dun campus para formación, un labarotario xenético, unha sala de exposición das mellores vacas con potencial xenético, e o resto das instalacións propias dunha gandería de investigación con 280 animais en produción.

Durante a xornada de tarde, Bernat Sales, veterinario auditor, aportou o seu coñecemento na materia de reprodución con datos reais sobre o rendemento reprodutivo e confort en explotacións leiteiras. Remataron a visita con un showroom, no que exhibiron as mellores vacas de alta xenética da explotación.

Esta visita foi financiada pola Conselleria do Medio Rural dentro do programa de axudas europeas a intercambios e visitas a explotacións agrícolas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada