Leite

As gandarías da Coruña lideran as probas xenómicas de CONAFE de outubro

Loading ad.
Ad could not be loaded.
26/10/2021 12:01 p.m.

A Confederación de Asociacións de Frisoa Española (Conafe) acaba de publicar a actualización de probas xenómicas de xovencas correspondente ao mes de outubro.

O podium das futuras mellores reprodutoras Holstein de España está encabezado por tres xatas pertencentes a gandarías galegas: LSCG 883 SATURN ET , con 5472 puntos ICO, e pertencente á gandaría coruñesa LANDEIRA SCG (Negreira) , socia da cooperativa Ganxabar; Menor Drost Vitoria ET, da gandaría coruñesa Casa Menor (Boimorto), con 5315 puntos; en terceiro posto CMP SATURN HELA ET , con 5274 puntos, e propiedade de CMP Hosltein, unha agrupación das gandarías Midón, Pistulario SL e Cunordam SC, e en cuarto lugar F. Raposo Drost 1347 ET, con 5228 puntos, e propiedade de Finca Raposo SC, unha gandaría de Mesía (A Coruña).

Este é a listaxe das primeiras 20 clasificadas:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para máis información: 1.000 Mellores Novillas xenómicas por ICO

[box style="0"]

Servizo de valoración xenómica de CONAFE

En 2012 CONAFE puxo o servizo de valoración xenómica de femias a disposición dos seus socios e demais persoas e/ou entidades interesadas. As avaliacións xenómicas permiten seleccionar os mellores exemplares a unha idade máis temperá e con maior seguridade, xa que son máis fiables que os índices de pedigrí, utilizados tradicionalmente.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Este servizo ofrécese coa colaboración do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, o Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria (INIA), Xenética Fontao, Ascol, Aberekin e Fefricale Sociedade Xenética.

[/box]

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada