Leite

A gandaría Baixo Holstein, de Sarria (Lugo), a mellor criadora de raza frisoa de España

Publicada a listaxe actualizada das 100 mellores gandarías de vacún de leite criadoras de raza frisoa cunha media de cualificación final CONAFE máis alta

Loading ad.
Ad could not be loaded.
13/03/2023 8:39 p.m.

A granxa Baixo Holstein, de Sarria (Lugo), acaba de ser recoñecida como mellor gandaría de vacún de leite de España. Así se reflicte na relación das cen mellores gandarías criadoras publicada pola Conafe (Confederación de Asociacións de Frisoa Española). 

Na listaxe, a explotación sarriá logrou unha puntuación media de 88,52 puntos. En segundo lugar, con 88,08 puntos situouse a Gandaría Diplomada Badiola, S.L., de Asturias, mentres que o terceiro posto correspondeu a outra granxa galega, Mantoño Holstein, de Barreiros (Lugo), con 87,83 puntos.

Mellores Gandarías Criadoras por Cualificación Final de 2022: 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Esta clasificación obtívose da media dos puntos das reprodutoras co mesmo prefixo gandeiro cualificadas na explotación de orixe ou na de destino, no caso de que fosen transferidas.

Consideráronse as gandarías de 17 reprodutoras ou máis, cunha porcentaxe inferior ao 5% de RAA (Rexistro Auxiliar A) sobre o censo de reprodutoras e un mínimo de 10 animais nados e cualificados na gandaría.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada