Carne

GandAgro contará con senllos monográficos dos sectores porcino e cunícola

Participarán expertos de ámbito galego e nacional que tratarán cuestións como a nova lexislación ou os retos que se lle presentan a estes sectores

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 22/02/2023 2:00 p.m.

A IV Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2023, que se celebra do 2 ao 4 de marzo na Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda (Pontevedra), converterase nun espazo de análise da actualidade do sector agropecuario. A cita contará no seu programa de conferencias con senllas xornadas monográficas sobre o sector porcino e o cunícola, nas que participarán expertos tanto de entidades galegas como de organizacións nacionais.

Así, o segundo día do certame, o venres día 3, terá lugar o XXV Monográfico de Gando Porcino, organizado pola ADS de Gando Porcino de Silleda e que será presentado polo presidente desta entidade, Pablo Meijomín.

No seu marco abordaranse os retos do sector nunha contorna desafiante, por parte de Miguel Ángel Higuera, director da Asociación Nacional de Productores de Ganado Porcino (Anprogapor). Así mesmo, explicarase como afrontar na práctica a nova lexislación ambiental nas explotacións porcinas. Os encargados serán dous responsables de medio ambiente da cooperativa Coren e a empresa Nudesa, David Pereira e Marcos Fuentes, os cales estarán acompañados de Pablo Meijomín.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Cunicultura

Por outra banda, o último día de feira, o sábado 4, a cooperativa Cogal organizará unha xornada monográfica sobre cunicultura. O primeiro dos relatorios centrarase na organización intersectorial cunícola Intercun como ferramenta ao servizo da cunicultura e será impartida por Mª Luz de Santos, xerente desta organización.

A continuación, darase a coñecer a nova lexislación veterinaria e antimicrobianos, facendo fincapé nos requisitos para uso en profilaxe e as súas consecuencias en cunicultura. Farao Sara Sacristán, membro do equipo de coordinación do Plan Nacional frente a la Resistencia a los Antibióticos (PRAN) da Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada