Noticias de empresa

A gama de abonos máis eficaz para o millo: Fertimón Pro e Fertimón Tech

Fertimón Pro, con tecnoloxía slow, permite unha liberación gradual do nitróxeno, en tanto Fertimón Tech, a nova liña de bioestimulantes do Grupo Soaga, cobre necesidades específicas do millo

Campo Galego 15/04/2024 11:02 a.m.

O cultivo do millo necesita dunha fertilización adecuada para obter unha colleita en calidade e cantidade. O Grupo Soaga, líder na distribución de produtos agrícolas e gandeiros no noroeste peninsular, dispón de gamas específicas que cobren todas as necesidades do cultivo.

Fertimón Pro

Fertimón Pro, con tecnoloxía slow, permite unha liberación gradual do nitróxeno para cubrir o ciclo completo do millo, logrando deste xeito un abonado racional e eficaz.

Fertimón Pro, con tecnoloxía slow, permite unha liberación gradual do nitróxeno para cubrir o ciclo completo do millo, logrando deste xeito un abonado racional e eficaz.

É un fertilizante idóneo para aplicar no momento de sementeira, evitando ter que facer unha segunda achega de nitróxeno en coberteira. As doses deben axustarse en función do tipo de solo e das achegas de xurro realizados na parcela.

Fertimón Tech

Como complemento a Fertimón Pro, para dar resposta ás necesidades do agricultor, o Grupo Soaga desenvolveu unha nova liña de produtos con aplicación específica para millo, dentro da súa gama Fertimón Tech.

Son todos produtos que se poden mesturar cos insecticidas e herbicidas, tanto de pre-emerxencia como de post-emerxencia, o que permite un aforro de tempo e diñeiro, así como actuar no momento en que o cultivo o necesite.

Etiquetado
Ir a la portada