Viña

Gallaecia destaca a frescura dos brancos de Monterrei e a mineralidade en boca dos tintos

O Consello Regulador acolle unha cata organizada pola Asociación de Catadoras de Galicia Gallaecia que serve como clasificación para os premios do colectivo e a Guía Luís Padín

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/08/2022 9:18 a.m.

A sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe de Monterrei acolleu unha cata de viños de Monterrei realizada pola Asociación de Catadoras de Galicia Gallaecia. A cata serve para avaliar os viños da comarca para realizar a rolda de clasificación da que resultarán os galardoados coas Distincións Gallaecia 2022, así como para elaborar a “Guía Luís Paadín de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2023”.

Este panel avaliou 53 viños da denominación, 30 brancos e 23 tintos. Ao finalizar a cata Natalia Cid, Vicepresidenta da Asociación de Catadoras de Galicia Gallaecia realizou unha valoración dos viños catados polo equipo, integrado por 12 catadores, destacando que foi unha anada boa.

A catadora sinalou tamén as particularidades dos viños brancos e tintos desta colleita. “Nos viños brancos apreciamos unha marcada prontitude na vendima, conferíndolles un carácter máis vexetal nos viños, debido seguramente ás condicións climáticas. Temos uns viños con moita frescura, dando notas vexetais e florais. En boca reflicten moi ben o terreo, atopándonos cuns viños máis minerais e equilibrando a acidez e frescura”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto aos viños tintos, Cid sinala que “atopamos viños un pouco máis froiteiros, sen deixar a súa mineralidade en boca e fresca complexidade que fai deles uns viños ideais, tanto para degustar neste momento como para dentro dun par de anos, pois vemos unha boísima evolución en viños de anadas anteriores”, concreta.

O equipo de cata estivo conformado por un total de 12 catadores, entre os que se atopaban:

• Alberto Ruiz (Catador Restaurante Arbidel * Michelín)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

• Juan A. Gómez (Catador de la Asociación de Sumilleres de Zamora)

• Noah Chichester (WSET2 tradutor de inglés)

• Pedro T. Sestayo Riveiro (Presidente de la Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

• Javier Facal (Catador Grupo A Mundiña)

• Jacobo Domínguez (Distribuciones M&D.S.C.)

• Alejandro Paadín (Coautor da Guía de Viños de Galicia)

• Xabier Barcala (Catador Gallaecia)

• Natalia Cid (Vicepresidenta da Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia)

• Pablo Fernández Rodríguez (Catador)

• Santiago Castro (Director Técnico da D.O. Toro)

• Isidro Rodríguez (Socio da Asociación de Sumilleres de Zamora)

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada