Viña

“Galicia ten todo para ser o destino enoturístico do norte de España”

Entrevista a María de la Cruz del Río Rama, profesora da Universidade de Vigo experta en enoturismo. Destaca que este tipo de turismo asociado ao viño está medrando por enriba do 18%. Demanda da administración máis formación para os profesionais, accións de difusión e promoción conxunta no exterior das rutas do viño de Galicia.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
23/03/2015 12:52 a.m.

María de la Cruz del Río Rama é profesora na Facultade de Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo. A pasada semana participou na xornada "Claves para vender máis e mellor ou viño", organizada pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), cun relatorio sobre "Enoturismo: unha alternativa estratéxica no sector do viño".

Que potencialidade ten Galicia para desenvolver o sector do enoturismo?
Galicia é unha comunidade moi rica na súa oferta enolóxica, gastronómica e cultural, complementada por unhas belas paisaxes e as súas xentes, que son acolledoras e amigables.

Todo iso unido ao emerxente sector enoturístico galego e á dispoñibilidade de profesionais formados nas universidades galegas, en especial os profesionais da área de Turismo, proporciona a Galicia unhas características idóneas para converterse no principal destino enoturístico do norte de España.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Na actualidade existen en Galicia cinco Rutas do Viño vinculadas ás súas Denominacións de Orixe: Ribeira Sacra, Rías BaixasMonterrei, O Ribeiro e Valdeorras.

Non obstante, as rutas do viño non acaban de despegar. Que habería que cambiar ou mellorar?
A constitución das Rutas do Viño é aínda recente, necesitando un período de tempo para a súa evolución e desenvolvemento e polo tanto, para a percepción por parte dos axentes económicos da ruta e o seu ámbito dos beneficios derivados da actividade enoturística.

Ao mesmo tempo, é necesario un período de adaptación para a sincronización da colaboración público-privada e para a incorporación de profesionais e empresarios formados nos diferentes ámbitos relacionados coa actividade enoturística.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

 "É necesaria formación de empresarios e traballadores e tamén accións de difusión, como se conseguiu co termalismo"

En Galicia xa dispoñemos de profesionais formados, sendo tamén necesarias accións formativas dirixidas aos empresarios e traballadores para a súa formación continua de cara á súa adaptación a esta nova actividade turística.

Isto deberíase complementar con importantes accións de difusión a nivel nacional e internacional como as desenvolvidas noutras actividades turísticas como o termalismo, coas cales se están a obter excelentes resultados.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[caption id="attachment_6026" align="alignleft" width="200"] María de la Cruz del Río Rama.[/caption]

Cales son os referentes de enoturismo nos que se podería inspirar Galicia?
Segundo o sexto informe anual sobre as visitas a adegas elaborado polo Club de Producto Rutas del Vino de España realizado en 20 das 22 Rutas de Viño certificadas existentes no 2013, as máis visitadas foron a Ruta do Viño e do Cava do Penedés e a Ruta do Viño e Brandy do Marco de Xerez. Outras rutas tamén moi importantes polo número de visitantes que reciben son Rioja Alta, Ribera del Duero e a Rioja Alavesa.

Dados os seus excelentes resultados constitúen un referente no que fixarse, sendo tamén de destacar os altos incrementos logrados no 2013 superiores ao 25% no número de visitantes na Ruta do Viño de Navarra, Ribera del Guadiana, Yecla e Ribera del Duero.

Deberíase concentrar a oferta enoturística de Galicia?
Si, é unha posible formulación estratéxica que se debería analizar en profundidade. A promoción conxunta de todas as rutas do viño de Galicia en busca de sinerxías entre elas e con outras actividades turísticas da nosa comunidade (Camiño de Santiago, termalismo...) é necesaria, co fin de buscar a promoción e recoñecemento nacional e internacional.

"É necesaria unha promoción conxunta das rutas do viño de Galicia e ligalas ao Camiño de Santiago, ao termalismo...etc,"

O enoturismo é unha actividade turística en auxe e está a experimentar importantes incrementos como nos indican as cifras do informe elaborado polo Club de Producto Rutas del Vino de España, obténdose un incremento do 18,08% no ano 2013 con respecto ao 2012 no número de visitantes.

Que beneficios lles pode achegar o enoturismo aos adegueiros e os viticultores?
No ámbito internacional, a información existente pon de manifesto claramente que as adegas perciben os beneficios que xera esta modalidade turística: a mellora da imaxe, o posicionamento da adega e o incremento dos ingresos son os máis destacados.

Ademais, o enoturismo ten unha importante contribución para todos os axentes implicados na actividade favorecendo o desenvolvemento de zonas rurais e xerando postos de traballo, o que evita o despoboamento das zonas rurais.

Por último, contribúe ao desenvolvemento económico-social, converténdose nunha importante fonte complementaria de ingresos das adegas.

Que papel debe xogar a Administración no desenvolvemento do enoturismo?
As administracións publicas deberían de colaborar de forma coordinada coas asociacións empresariais e de produtos turísticos na súa promoción, comercialización e difusión a nivel nacional e internacional. Desta forma estarían a favorecer o desenvolvemento a nivel local e rexional de actividades importantes para a xeración de emprego e o incremento de ingresos tanto a nivel empresarial como social.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada