Leite

Galicia solicitará a comezos do próximo ano ser declarada libre de tuberculose bovina

Loading ad.
Ad could not be loaded.
05/11/2020 10:41 p.m.

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, adiantou hoxe na Comisión 7ª do Parlamento que Galicia solicitará, no primeiro trimestre do ano 2021, o estatuto de rexión oficialmente indemne de tuberculose bovina.

Neste senso, o director xeral aclarou que a provincia de Pontevedra xa está declarada indemne de tuberculose bovina desde o ano 2019, logrando ser a primeira provincia peninsular española en acadar este estatuto. Deste xeito, procúrase que Galicia acade este estatuto ao longo do ano 2021 ao cumprir os requisitos establecidos para tal fin, que pasan por ter unha prevalencia de rabaño inferior ao 0,1% (Galicia está no 0,03%) nos últimos seis anos, entre outras cuestións.

Ademais, José Balseiros lembrou que acomunidade xa está libre de brucelose bovina, ovina e cabrúa, ademais de leucose enzoótica bovina e perineumonía contaxiosa bovina. Todas elas, enfermidades que seguen sometidas a programas nacionais de erradicación para que Galicia siga tendo estes bos datos en canto á sanidade animal.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada