Viña

Galicia recibe 1 millón para restruturar e reconvertir 100 ha de viñedo en 2017

Loading ad.
Ad could not be loaded.
05/12/2016 6:25 p.m.

A Comunidade Autónoma de Galicia recibirá 1 millón de euros para a reestruturación e reconversión do viñedo para o exercicio 2017, no marco do programa de Apoio ao Sector vitivinícola español 2014 – 2018.

Así se acordou este luns na Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural que se celebrou en Madrid e que estivo presidida pola ministra de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, Isabel García Tejerina. A distribución de fondos ascendeu a 72.532.000 euros entre las Comunidades Autónomas, dos que as máis beneficiadas foron Castela A Mancha (33,4 millóns) e Extremadura (7,4 millóns), mentres que no caso de Galicia a asignación foi de 1 millón de euros.

Galicia espera reestruturar 100 hectáreas con estas axudas en 2017

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, mostrouse satisfeita con esta cifra, “pois permite cumprir coas demandas do sector e traballar así na reestruturación dunhas 100 hectáreas no vindeiro ano 2017”.

Estas achegas están cofinanciadas na súa totalidade polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e aplícanse ás superficies de viñedo da comunidade autónoma destinadas á produción de uva para vinificación, nas que se leven a cabo tarefas de reconversión varietal, reimplantación de viñedos ou melloras das técnicas de xestión de viñedos.

A titular de Medio Rural destacou a importancia destas axudas para o noso sector vinícola, pois grazas aos reaxustes estruturais que se levan a cabo conséguese diminuír os custes de produción nas explotacións vitícolas onde predomina o minifundio. Ademais, sinalou que o aumento da profesionalización dos viticultores galegos, así como a potenciación dunha remuda xeracional permite que este sector destaque polo seu peso e calidade tanto no mercado nacional como no internacional.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Precisamente estas achegas tamén permiten mellorar as técnicas de xestión dos viñedos e adaptar as explotacións ao mercado a través de melloras varietais, ao mesmo tempo que se preservan as variedades viníferas autóctonas de menores rendementos e de elevada calidade diferenciada, aproveitando deste xeito a gran vantaxe competitiva que supón a diferenciación nun mercado cada vez máis globalizado.

Sector competitivo

No período 2000-2015 beneficiáronse destas axudas no conxunto de España un total de 9.300 viticultores e a superficie afectada foi de 4.131 hectáreas. Destináronse 60,6 millóns de euros a esta finalidade e a media de axuda por beneficiario foi de 6.524 euros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O pasado mes de xullo rematou o prazo para solicitar as axudas correspondentes á anualidade 2016, sendo un total de 71 as solicitudes presentadas en Galicia -e aínda pendentes de resolución- que se engloban en 10 plans colectivos para traballar nun total de 63 hectáreas.

Reparto de axudas para restruturación e reconversión do viñedo en 2017:

CCAA

REPARTO 2017

Andalucía

2.529.571

Aragón

3.225.291

Asturias

0

Baleares

221.752

Canarias

38.548

Cantabria

0

Castilla-La Mancha

33.418.561

Castilla y León

6.633.234

Cataluña

4594562

Extremadura

7.477.926

Galicia

1.000.000

Madrid

214.000

Murcia

2.060.865

Navarra

1.316.699

País Vasco

1.148.877

La Rioja

3.826.069

Valencia

4.826.045

TOTAL

72.532.000

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada