Carne

Galicia exporta a Asturias o seu modelo de seguridade en pensos para o gando

Loading ad.
Ad could not be loaded.
30/03/2021 2:23 p.m.

Galicia exportou a Asturias o seu modelo de seguridade en pensos compostos para animais grazas aos acordos que alcanzou a Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac) con dous fabricantes desta comunidade autónoma: Corvera Sociedad Cooperativa Asturiana e Piensos Vigil. En virtude de senllos convenios ambos os fabricantes entran a formar parte de Galis, o sistema de control de materias primas desenvolvido no ano 2005 por Agafac ao que xa están adheridas a maioría das fábricas galegas.

Piensos Vigil, situada no municipio de Sariego, é un fabricante e distribuidor que opera con máis de 500 gandarías do Principado de Asturias, mentres que Corvera Sociedad Cooperativa Asturiana constitúese a partir da antiga Hermandad de Labradores del Concejo de Corvera.

Con estas dúas novas incorporacións, Galis inicia a súa incursión no Principado de Asturias dentro da estratexia de Agafac de ampliar o seu ámbito de acción a todo o norte de España e prodúcese un ano e medio despois doutro fito importante: a adhesión ao de AgroCantabria, unha das grandes cooperativas do sector agroalimentario da comunidade cántabra, ao modelo de control alimentario galego.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

"Estes acordos permitirán reforzar os controis de seguridade dos pensos e tamén pór a disposición de Corvera e Vigil toda a infraestrutura e as últimas tecnoloxías en seguridade alimentaria que utiliza Galis. Non só será beneficioso para os fabricantes, senón tamén para o consumidor final", explica o xerente de Galis e director de Agafac, Bruno Beade.

Sobre Galis

O sistema Galis foi creado no ano 2005 baixo o amparo da Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac) e ten o seu laboratorio no porto da Coruña. É un sistema de autocontrol pioneiro en España e todo un referente no sector e as súas análises, que contan co respaldo das distintas administracións, axudan a detectar posibles contaminacións nas materias primas, millo, trigo, soia....etc. a través de inspeccións baseadas en puntos de control críticos das diversas fábricas e empresas adheridas ao programa.

Na actualidade, o sistema Galis engloba a un total de 58 fábricas, das cales, 55 están en Galicia -que representan o 96% da produción do penso galego-, unha en Cantabria e dúas en Asturias.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada