Leite

Galicia, declarada zona libre de tuberculose bovina

A Comisión Europea ratifica este estatus tamén para Asturias, en tanto outras comunidades do norte español aspiran a ese recoñecemento en próximos anos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 09/11/2021 1:25 p.m.

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, valorou a importancia da declaración do estatuto libre de enfermidade de tuberculose bovina de Galicia e Asturias, cuxo regulamento de execución publicou estes días o Boletín Oficial da Unión Europea (DOUE), "porque pon de manifesto os avances que nos últimos anos deu España en materia de sanidade animal".

Desde o Ministerio destacou que se trata de "un paso adiante moi relevante e que é froito dun gran traballo de estreita colaboración" realizado durante anos entre os sectores produtivos e as administracións públicas. As declaracións de rexións libres de enfermidades afianzan o gran esforzo que vén realizando España coas campañas de saneamento gandeiro para combater e erradicar epidemias.

No caso do complexo Micobacterium tuberculose, o programa de erradicación nacional implantouse a principios dos anos noventa

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No caso de Galicia e Asturias, o estatuto libre de tuberculose bovina é especialmente relevante, xa que en ambas as concéntrase a quinta parte (19,5%) da cabana española de gando vacún (941.692 cabezas en Galicia e 386.385 en Asturias).

"O estatuto libre de tuberculose supón un incentivo tanto para as administracións públicas como para os sectores produtivos porque significa a posibilidade de flexibilización algunhas medidas", explican fontes do Ministerio de Agricultura. Estes resultados marcan o camiño a seguir por outras rexións, algunhas das cales están xa en disposición de cumprir as condicións para ser declaradas como tales nun futuro próximo.

Estas declaracións engádense ás efectuadas nos anos anteriores para a comunidade autónoma de Canarias e a provincia de Pontevedra, que con este novo regulamento de estatuto de libre amplíase a toda a comunidade autónoma galega.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada