Forestal

Galicia concentra o 60% da superficie forestal certificada por Pefc en 2020 en España

17/02/2021 1:26 p.m.

Case o 60% da superficie incorporada no 2020 á certificación forestal polo sistema PEFC (Programa para o Recoñecemento de Certificación Forestal, en inglés Programme for the Endorsement of Forest Certification) proveu de Galicia. Así, das 124.010 novas hectáreas sumadas a este sistema no conxunto de España, un total de 73.679 corresponden á comunidade galega. Con esta superficie incorporada, xa son 2,4 millóns as hectáreas certificadas no conxunto do Estado.

Ademais, dos novos silvicultores certificados en España no pasado ano, o 87% son galegos (5.530 dos 6.363 incorporados en 2020). Así, o total de silvicultores adscritos a este sistema é xa de 41.870 en toda España, dos que 32.875 – o 79% – proceden da comunidade. No seguinte mapa poden apreciarse os datos da evolución de PEFC no 2020 por comunidades autónomas:

[caption id="attachment_136935" align="aligncenter" width="620"] Fonte: https://www.pefc.es/np467-sostenibilidad-forestal2020.html[/caption]

Estes datos foron postos en valor polo director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, na xuntanza virtual que mantivo cos representantes do sistema de certificación PEFC Galicia e PEFC España.

A reunión serviu para presentarlles os principais instrumentos da futura Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, tales como as aldeas modelo, os polígonos agroforestais, os polígonos cortalume e o impulso dun conxunto amplo de diferentes tipos de agrupacións forestais de xestión conxunta. Asemade, trasladoulles que, por primeira vez no Estado, desenvólvese a figura do silvicultor activo, vinculado á ordenación forestal sostible e á súa certificación forestal.

Doutra banda, José Luis Chan expúxolles as principais liñas e programas definidos na 1ª revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica” e fixo especial fincapé na aposta decidida pola superficie baixo instrumentos de ordenación e xestión forestal.

Etiquetado
Ir a la portada