Leite

Galicia aumentou un 4% a súa produción de leite durante o último ano

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 02/02/2021 3:02 p.m.

A tendencia de aumento da produción de leite, que se iniciou tralo fin das cotas lácteas no 2015, mantense en Galicia a un ritmo superior ó do resto de España. Durante o 2020, as granxas galegas entregaron 2.895.000 toneladas de leite, segundo os datos do Fondo Español de Garantía Agraria (Fega). Son arredor de 110.000 toneladas máis que no 2019, un 3,9% máis. En España, o último ano a produción medrou nun 2,4% en relación ó exercicio anterior.

O último informe do Fega, correspondente a decembro, amosa tamén unha leve baixada no prezo medio español, que se situou en 33,9 céntimos (- 0,2 céntimos). En Galicia, o prezo mantívose sen cambios en relación a novembro (32,9 céntimos), en tanto nas comunidades próximas rexistráronse leves oscilacións. Asturias situouse en 35,8 céntimos (+ 0,2 céntimos), Castilla y León en 34,4 (-0,1 céntimos) e Cantabria en 33,6 céntimos (+0,1 céntimos).

En calidades do leite, como é habitual, o galego destaca en graxa (3,93%), por riba da media española de 3,85, en tanto en proteína sitúase case na media, 3,37 en Galicia fronte a unha media estatal de 3,38.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada