Viña

Galicia acollerá este mes tres eventos para coñecer os viños espumosos galegos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
12/07/2020 2:04 p.m.

Hai un século escomezaban “os felices anos 20” no periodo de crecemento da chamada “belle epoque”. A bebida icónica daquela época foron os espumosos, principalmente o champagne francés. Agora, cen anos despois, as burbullas son de novo unha tendencia mundial, ata o punto de que o consumo multiplicouse exponencialmente, tamén en Galicia. A harmonía entre as “burbullas e o sal” será o obxecto de análise en tres “showrooms” especializados que se celebrarán en Galicia neste mes de xullo.

“Burbullas&Sal” é o titulo que terán estes eventos, destinados a profesionais de hostelería, adegas e sumilleres, que organiza Padín Eventos. “Exploraremos a combinación dos espumosos co salado, que é unha maridaxe moi excitante, e que contén milleiros e posiblidades cos produtos galegos do mar, e tamén cos do interior”, explica Alejandro Padín, impulsor desta iniciativa.

Xunto co seu pai, Luis Padín, presentaron recentemente o evento no Museo do Viño de Galicia, onde reflexionaron sobre un sector á alza, que non para de medrar. “En apenas unha década, Galicia pasou de ter cinco adegas que producían espumosos a ter vinte que os fan hoxe, con varias marcas algunhas delas”, apunta Luis Padín.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os organizadores do salón “Burbullas&sal” sinalaron que xa se producen máis de 250.000 botellas de espumosos en Galicia ao ano, por eso é necesaria esta iniciativa para “dar a coñecer e degustar as burbullas de Galicia, España e do mundo enteiro en relación cos nosos produtos”.

Profesionais baixo acreditación

Os salóns terán lugar os días 27, 29 e 31de xullo en A Coruña, Santiago e Fisterra, e todos os profesionais que o desexen poderán asistir previa acreditación, para o que atoparán toda a información en www.burbullas.es . Asistirán máis de 20 adegueiros, 9 de eles de Galicia, e os espumosos que se mostrarán e maridarán cos produtos salgados galegos inclúen aos galegos, cavas e champáns.

“Galicia conta cuns chans idóneos para produción de espumosos”, explica Luis Padín, “con moito nitrógeno, que é bo para a xeneración posterior de burbulla nos caldos, e cunhas castes moi apropiadas e moi aromáticas, que entende moi ben a xente xoven”, rematou para explicar o éxito e expansión dos espumosos galegos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada