Leite

Galicia, a excepción europea na contaminación por nitratros gandeiros

Juan Castro Ínsua, investigador do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo-INGACAL, explica neste artigo as razóns polas que Galicia é a excepción entre as principais rexións produtoras de leite da Unión Europea na contaminación por nitratos a causa dos xurros gandeiros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Juan Castro (CIAM-INGACAL) 10/05/2016 8:09 p.m.

Con arredor de 9.000 ganderías e uns 2,6 millóns de toneladas anuais de leite, Galicia é a novena rexión europea en produción láctea. Sen embargo, mentres que a maioría das grandes rexións produtoras, como Bretaña, Holanda ou Dinamarca presentan problemas de contaminación por nitratos derivados dos xurros das explotacións, Galicia é a excepción tal e como se reflexa nas seguintes táboas de Eurostat:

Galicia é así unha das poucas rexións europeas especializadas na produción de leite, que non ten problemas ca contaminación das augas por nitratos, e polo tanto non ten declaradas zonas vulnerables.

Aínda que as explotacións de Galicia teñen unha alta intensificación produtiva, tanto pola carga gandeira como pola produción de leite por vaca, semellante a zonas dos Países Baixos, Alemaña etc, a explicación de que non existan os problemas de nitratos que ocorren no resto das rexións europeas hai que buscala na paisaxe, entendida como a forma de ocupar o terreo nas bacías hidrográficas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A estrutura da paisaxe galega é con diferencia a que conta con menor superficie agraria útil (SAU) figura en cambio como a que ten unha maior proporción de terreo a monte (matogueira, e arborado) onde non se abona, e que actúan como sumidoiro do nitróxeno das explotacións gandeiras, evitando problemas por contaminación por nitratos.

Superficie agraria útil (SAU) nas principais rexións produtoras de leite de Europa: 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Así se pode apreciar nesta comparativa entre Galicia e Bretaña, onde a diferenza de terra cultivada, un 60% no caso francés fronte ao 22% de Galicia, e sobre todo, de superficie forestal -60% en Galicia fronte ao 12% de Bretaña- permite que en Galicia non haxa problemas de contaminación por nitratos procedentes de xurros gandeiros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Isto aconsella que as medidas da Directiva Marco da Auga teñan en Galicia, no caso das explotacións gandeiras, unha aplicación voluntaria e non obrigatoria. Tamén debería levar a revisar os límites de carga gandeira, xa que, como se ve, a maior masa forestal reduce os problemas de contaminación por xurros.

O problema da acumulación de fósforo nas terras agrarias vese agravado polos lodos de depuradora

Cuestión diferente, tal e como analizamos no capítulo anterior, é o da acumulación de fósforo nas terras agrarias, principalmente das explotacións de vacún de leite máis dimensionadas, o que as obrigará a incrementar a súa SAU e apostar pola extensificación para evitar problemas de contaminación.

Ademais, a perda de SAU convértese nun serio problema para desfacerse dos lodos de depuradora nas terras agrarias, solución empregada para o 80% dos lodos xerados en Galicia. A excreción de P por persoa e día é de 2 g, (1,7 kg de P por persoa e ano), que multiplicados polos 2.772.000 habitantes da poboación galega supoñen 46.355.503 kg de fósforo (P) (10615303 kg de P2O5, que aproximadamente  equivalería ao fósforo excretado por 265.400 vacas de leite).

“Necesitaríase aumentar en 100.000 as hectáreas de terra arable en Galicia para aplicar lodos de depuradora sen problemas de contaminación”

Para poder aproveitar o fósforo dos lodos de depuradora sen aumentar o contido de fósforo no solo, necesitaríanse ao redor de 100.000 ha de terra arable, o 30% da terra arable actual de Galicia, ou 250.000 ha, o 56% da superficie de prados e pasteiros) para poder aplicar os lodos de depuradora, o que permitiría aumentar a SAU, sen custe de abonado, e evitar incendios de terras agrarias abandonadas.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada