Desenvolvemento rural

‘Galegas en leiras de mar e terra’, axenda 2017 pola igualdade

Campo Galego 02/01/2017 10:23 a.m.

O Observatorio da Mariña pola Igualdade, unha asociación feminista integrada por mulleres da Mariña lucense, vén de editar unha axenda 2017 que está protagonizada por mulleres que traballan no agro e no mar. A axenda, que leva por título 'Galegas en leiras de mar e terra' trata así de visibilizar o traballo feminino en ámbitos que son percibidos de xeito habitual como masculinos.

A axenda do Observatorio, que chega a súa séptima edición, está protagonizada por 12 mulleres, unha por cada mes do ano, que traballan no sector primario. En anos anteriores, a publicación centrárase noutros ámbitos, como o cultural (escritoras, músicas, teatreiras, etc.) e o científico.

As protagonistas da axenda 2017 son Marta Juncal, bateeira de Vilanova de Arousa; Xulia Bande, viticultora de Leiro; Montserrat Otero, labrega de Lourenzá; Eva Beres, queixeira de Ordes; María del Carmen Suárez, percebeira de Corme-Ponteceso; Anxos Orgueira, produtora de Palas de Rei; Carmen Abad, mariñeira de Xove; Nieves Fernández, gandeira de Viana do Bolo; Beatriz Molanes, redeira do cerco de Cangas; Mercedes Alonso, gandeira de Cotobade; Carmen Formoso, mariscadora de Carnota e Clara Basanta, gandeira de Trabada.

O prezo da axenda son 13 euros e pódese atopar nos seguintes puntos de venta:

- Ribadeo: Libraría Casa das Letras.
- Foz: Libraría Bahía.
- Burela: Libraría Espacio Lector Nobel.
- Viveiro: Libraría Porta da Vila.
- Vilalba: Papelería Pergamino 2.
- Lugo: Libraría Trama
- Santiago de Compostela: Libraría de mulleres Lila de Lilith.
- A Coruña: Livraria Suévia.
- Vigo: Libraría Andel.
- Allariz: Aira das letras.
- Pontevedra: Libraría Paz.

[caption id="attachment_38343" align="aligncenter" width="660"] Presentación da axenda no Culturgal (Pontevedra), con participación dunha das súas protagonistas, Mercedes Alonso, gandeira de Cotobade (á esquerda).[/caption]

Etiquetado
Ir a la portada