Viña

Galardoados nos Premios Mágnum do Viño Galego 2018

Loading ad.
Ad could not be loaded.
27/11/2018 1:51 p.m.

Este domingo celebrouse na Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa, dentro de Castes - Feira Independente do Viño, a oitava edición dos Premios Mágnum do Viño Galego, uns galardóns que o Instituto Galego do Viño outorga con carácter anual en recoñecemento dos traballos e os profesionais máis destacados do sector do viño en Galicia, co obxectivo de fomentar a excelencia e afianzar a imaxe de Galicia como referente mundial de viños.

Nesta edición os premiados foron:

1)  Mágnum ao Mellor Tratamento do Viño Galego fora de Galicia:
Taberna Laredo (Madrid)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

2) Mágnum á Mellor Labor de Difusión do Viño Galego:
Volando Voy, programa de Jesús Calleja producido por Zanskar Producciones para Cuatro

3) Mágnum á Mellor Iniciativa de Enoturismo:
Adega Algueira

4) Mágnum ao Mellor Viño Revelación Galego:
Cume do Avia dos Cantos 17 (Cume do Avia)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

5) Mágnum ao Mellor Viño Galego:
Azos do Pobo 16 (Daterra Viticultores)

6) Mágnum á Mellor Adega Galega:
Adega Albamar

7) Mágnum ao Mellor Sumiller de Galicia:
Elísabet Castro (Mesón do Campo)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

8)  Mágnum Honorífico “Viñolvidable”:
Esther Teijeiro Lemos

Cada un dos premiados recibiu unha escultura diferente realizada polo artista Kike Ortega. Seguindo a súa liña creativa de total ruptura co lenzo para descubrir as posibilidades artísticas de materiais a priori non concibidos para a arte, estas pezas están feitas con fragmentos de antigos bidóns de aceite, previamente aplanados cunha apisoadora, recortados e traballados polas mans do artista.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada