Leite

Galacteum procura novos aproveitamentos para a graxa do leite

A empresa láctea da cooperativa Aira e o chef André Arzúa levan meses avanzando en novas solucións para dar valor engadido ás graxas lácteas. As súas propostas chegarán ao mercado proximamente

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 23/04/2021 2:51 p.m.

Derrubar os mitos que aínda pesan sobre a graxa láctea e a súa posta en valor é o obxectivo dun proxecto de colaboración que uniu á firma Galacteum, asentada en Melide (A Coruña), cuxo máximo accionista é a cooperativa Aira, e ao chef André Arzúa, propietario de Espazo Abella.

Os beneficios nutricionais dos produtos derivados do leite para persoas de diferentes idades son un dos motivos que moven á firma de Melide a seguir impulsando a súa actividade de investigación para desenvolver solucións adaptadas a cada necesidade. Paralelamente, tamén xoga un importante papel a desmitificación de moitos prexuízos que existen sobre as graxas lácteas porque, como sinala o director de I+D+i de Galacteum, Anxo Pereira, "está documentado que os ácidos grasos deste tipo de graxas teñen un efecto protector fronte ao risco de cardiopatía isquémica e á súa vez reducen a diabetes de tipo 2. Falamos de ingredientes que a poboación considera prexudiciais dunha maneira prejuiciosa, cando existe evidencia científica suficiente que demostra que teñen beneficios para a saúde", subliña.

Novos produtos

Froito desta colaboración chegarán ao mercado unha serie de produtos, con solucións de ingredientes  versátiles que, ás súas propiedades organolépticas, engaden unha gran calidade nutricional e permitirán a elaboración de variedade de receitas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Entre as vantaxes destes novos desenvolvementos atópanse a resistencia ás altas temperaturas, a redución dos tempos de cociñado, a capacidade de manter texturas ou os diferentes matices dun sabor moi característico. Todo iso convérteos nun bo sustitutivo saudable das graxas puras animais.

O traballo conxunto, que arrincou en setembro de 2020, estendeuse até o inicio de 2021. Durante ese período, o chef Arzúa afondou nas propiedades dos novos produtos e as súas posibilidades. "Deseñamos alternativas novas para o mercado que, ademais de ser máis saudables, ofrecerán ás persoas consumidoras posibilidades que non tiñan ao seu alcance até agora", conclúe o responsable de I+D+i de Galacteum. O resultado do traballo, que busca o valor engadido a través da innovación e a tradición, chegará aos lineais proximamente.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada