Viña

A Fruga recibe múltiples queixas por danos de corzos en viñedos

A Federación tamén reclama que a Consellería de Medio Ambiente aínda non pagou as indemnizacións polos danos do xabaril do 2020

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Javier H. Rodríguez 14/05/2021 1:05 p.m.

Dende a Federación Rural Galega (Fruga) veñen de denunciar novos danos nas zonas vitícolas ocasionados, desta vez, por corzos. A proclama da Federación súmase ás queixas fronte a Consellería de Medio Ambiente a propósito dos danos ocasionados o ano pasado polo xabaril.

A FRUGA reclama que a Consellería aínda non abonou aos viticultores as indemnizacións dos estragos do ano 2020 e que, xunto aos do corzo, <<están a provocar moitos perxuízos na economía e no correcto funcionamento das explotacións agrarias>>, explica Xurxo Álvarez, o presidente do colectivo.

Unha proclama colectiva

Adiantan, tamén, que están a elaborar un escrito formal que apremie á Consellería a <<cumprir cos compromisos adquiridos>>. En canto ao corzo, dende a federación están a constatar un ascenso sensible dos danos provocados polos corzos nas zonas de viñedo enmarcadas nas Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Engaden que tanto no mes de abril, como no de maio, moitos labregos e labregas canalizaron as súas queixas a través da FRUGA. Nese escrito formal, os asociados piden que o corzo se considere fauna potencial causante de estragos nas explotacións agrícolas.

Deste xeito, pedirán á Consellería que amplíe as axudas para abranguer tamén os desperfectos ocasionados por este cérvido.

Os brotes tenros de explotacións ourensás, os máis afectados

A maioría dos danos reportados á FRUGA aconteceron en explotacións situadas na provincia de Ourense, tendo especial incidencia nos meses de marzo, abril e maio. Estes meses son nos que se produce a floración e a brotación, polo que os follatos das vides están mais tenros e son mais apetecíbeis para o corzo. Isto ten unha repercusión significativa, ocasionando grandes perdas na produción de uva.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

<<Pola nosa experiencia e tamén polo que nos transmiten as persoas profesionais do sector, os danos causado por esta especie descenden drasticamente a partires do mes de xuño e, en consecuencia, as perdas redúcense considerabelmente>>, engade Xurxo Álvarez.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada