Leite

A FRUGA felicítase de que a Consellería lle dea a razón e cambie o período de control da PAC

Loading ad.
Ad could not be loaded.
02/02/2017 1:08 p.m.

A Federación Rural Galega (Fruga) felicítase de que “despois de dous anos a Consellería do Medio Rural, con a súa conselleira á frente vennos dar a razón”, no relativo ao cambio de período de control da Pac, permitindo así que as ganderías podan aumentar a superficie de cultivo de millo forraxeiro.

“Precisamente -lembran- a Federación Rural Galega presentou o 10 de maio de 2015 un contencioso administrativo contra a Orde da Consellería do Medio Rural que regulaba os pagamentos directos derivados da aplicación da PAC” xa que o período de control anterior, de abril a xuño, obrigaba ás explotacións con máis de 10 hectáreas de base territorial a dedicar un máximo do 75% da superficie ao cultivo de millo forraxeiro.

Neste sentido, lembran que “a normativa estatal permitía ás comunidades autónomas axustar o período de control ás condicións agroclimáticas da súa zona, o que xa viña facendo desde o principio Asturias, ao establecer o período de control entre xaneiro e abril”. Algo que agora segue Galicia ao establecer para a PAC 2017 un período de control entre o 15 de xaneiro e o 15 de abril.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“Estamos satisfeitos de que ao final se nos veña a dar a razón, sobre todo, non porque se nos dea a razón á nosa organización senón, porque era unha inxustiza no trato que recibiamos as explotacións galegas a respecto das nosas veciñas de Asturias, e por cima de todo por culpa da cerrazón da nosa propia administración”, conclúen.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada