Carne

Friol recupera a Festa do Porco Celta

Terá lugar o 15 de abril no pavillón municipal despois de tres anos sen celebrarse por mor da pandemia da covid-19. O programa inclúe un campionato de tute, cea a base de produtos de porco celta, como caldo de ósos e cocido, e orquestra

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 03/04/2023 3:40 p.m.

[caption id="attachment_196499" align="aligncenter" width="660"] Presentación da Festa do Porco Celta, con presenza do alcalde de Friol e os produtores[/caption]

Friol retoma o vindeiro día 15 a Festa do Porco Celta, que celebra a súa quinta edición, logo de tres anos de parón pola pandemia. Os organizadores, cinco produtores deste concello membros de Asoporcel, recuperan a cita, que serve para dar a coñecer a carne de porco celta, co mesmo formato que a última edición celebrada, a do 2019. 

A cita, que se desenvolverá no pavillón municipal da localidade a partir das 4 da tarde, inclúe un torneo de tute, cea a base de produtos de porco celta e música. O menú deste ano é cocido e caldo de ósos e a maiores como novidade haberá filloas á pedra por parte dun grupo de filloeiras de Muimenta. O prezo da cea é de 25 euros e o prazo para apuntarse remata o domingo 9 de abril. 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A última edición celebrouse no ano 2019 e despois sufriu un parón pola pandemia

Os premios do campionato de tute son distintos lotes de produtos de porco celta, incluíndo un porco cebado para a próxima campaña, valorado en 550 euros. "A idea xurdiu para ensalzar o valor desta carne", explica Lito, da Comunidade de Montes de Carballo. 

Explotacións de nova creación

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No concello de Friol hai 6 produtores de porco celta e 5 deles participan na organización da festa: CMVMC Carballo; Antonio Díaz, de Guldriz; Manuel Roimil, de Roimil; Óscar Santos, de Samede; e Javier Serén, de Friol.  

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Carballo comezou hai 10 anos cun proxecto de ceba no monte, cunhas instalacións con capacidade para 100 animais. "Estamos metendo entre 50 e 60 animais cada ano. Entran no mes de marzo e están ata a idade de sacrificio, nos meses de novembro a xaneiro, cun mínimo de 8 ou 9 meses", explica Lito. 

Friol conta con 6 produtores de porco celta e 5 deles participan na organización da festa

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O resto de explotacións son tamén explotacións de cría, con 5 reprodutoras. Nos últimos anos incorporáronse á actividade rapaces novos, como Óscar e Javier, creando novas explotacións. Óscar ademais fai produtos elaborados buscando dar maior valor engadido á súa produción. 

PROGRAMA COMPLETO:

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada