Leite

Francia obrigará ao enterrado do xurro para 2025…pero con excepcións

O instituto francés IDELE organizou recentemente unha conferencia sobre "As emisións de amoníaco: Un desafío crecente para o sector vacún". Nun momento no que a xestión dos xurros é unha preocupación para moitos gandeiros, analizamos as propostas que se realizan no país veciño

Loading ad.
Ad could not be loaded.
11/12/2020 11:21 p.m.

Francia, primeiro produtor agrícola da Unión Europea, é o segundo emisor de amoníaco, correspondendo o 42% das emisións á gandaría bovina, tanto de carne como de leite. O seu obxectivo é reducilas nun 13% para o ano 2030 con respecto aos niveis de 2005.

Neste sentido, o plan nacional de redución de emisións de contaminantes atmosféricos (AEE) do Goberno francés contempla as seguintes medidas:

1) Redución da volatilización do NH3 ligada ao esparexido de fertilizantes:

-Promover os sistemas para espareer o xurro que emitan menos amoníaco ou en enterrado do mesmo, co obxectivo de suprimir o esparexido mediante sistema con prato ou abanico para o ano 2025, tendo en conto en todo caso os riscos para a calidade dos solos (zonas con pendente, con chans pedregosos...etc).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-Fomentar a súa substitución por formas de fertilizantes minerais menos emisores e, adaptando as prácticas e métodos de subministración:

En concreto, exponse a autorización para utilizar urea en determinadas condicións, a partir da campaña 2019-2020, co fin de limitar, de febreiro a abril, a súa volatilización, segundo os termos definidos nunha guía nacional de boas prácticas agrícolas.

-Limitar a queima de residuos agrícolas ao aire libre.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

2) Avaliar e reducir a presenza de produtos fitosanitarios no aire:

- Lanzar unha campaña exploratoria e despregar vixilancia a longo prazo e dirixida sobre sustancias prioritarias.

3) Apoiar ao sector gandeiro para reducir as emisións de amoníaco:

-Axudar aos investimentos para reducir a volatilización do amoníaco na gandaría e ao esparexer fertilizantes. Para iso traballarán na implementación dun fondo de financiamento da transición enerxética de 10 millóns de euros en axudas para financiar proxectos para reducir a volatilización de NH3.

- Proxectos piloto de difusión de tecnoloxías e prácticas eficientes: Execución da convocatoria de proxectos "Agr'AIR", cofinanciada por ADEME (10 millóns de euros) e MAA (10 millóns de euros a través de PCAE); promoción de operacións colectivas con miras a difundir e implementar accións reproducibles e duradeiras para reducir as emisións de NH3 e / ou partículas (1ª edición en 2017).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

4) Desenvolver e difundir boas prácticas agrícolas en favor da calidade do aire:

-Publicación dunha guía de boas prácticas para reducir as emisións de NH3 segundo o previsto na directiva europea "NEC".

- Estudo da integración de criterios a favor da calidade do aire nas diferentes etiquetas.

-Capacitación dos diversos actores do mundo agrícola en boas prácticas

-Integración da calidade do aire no sistema agroecológico

-Desenvolvemento con organismos intermediarios dunha estratexia francesa para integrar mellor a calidade do aire na próxima PAC.

5) Desenvolvemento dunha guía de boas prácticas agrícolas, difundindo as mellores prácticas agrícolas para reducir as emisións de amoníaco

6) Axudas modernización de naves e equipamento gandeiro para reducir as emisións de amoníaco:

-Para cubrir pozos de xurros: elegible para o plan de modernización de naves gandeiras (PMBE) desde 2012, logo para o PCAE.

-Para o desenvolvemento de equipos esparcidores: máis eficientes e menos propicios á volatilización de partículas (mangueiras, etc.).

Descarga aquía a guía do goberno francés para reducir as emisións de amoníaco nos distintos sectores gandeiros

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada