Leite

Francia aproba un plan de urxencia para o sector gandeiro con 600 millóns

Entre as medidas, figura o desendebedamento das explotacións e empresas a través da reestruturación da súa débeda, aprazamentos do pagamento de impostos ou axudas á exportación.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
22/07/2015 5:55 p.m.

Unha semana de mobilizacións do sector gandeiro francés abondou para que o Consello de Ministros dese país aprobase hoxe un paquete de medidas de urxencia, por valor de 600 millóns de euros, para apoiar os gandeiros, tanto de porcino, como de vacún de leite e de carne, ante a crise de prezos que están a padecer.

No caso do leite, o prezo medio en Francia está neste momento en 0,30 € por litro, un 25% menos que no mesmo mes do pasado ano.

O plan aprobado hoxe en Francia prodúcese tras a mediación directa do primeiro ministro, Manuel Valls, e tras o chamamento do propio presidente da República, François Hollande, á distribución para que "cumpra a súa responsabilidade" cos gandeiros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O plan de apoio ao sector gandeiro aprobado hoxe en Francia considera medidas de urxencia e medidas estruturais a medio e longo prazo.

En canto ao plan de emerxencia, segundo declarou en rolda de prensa o ministro francés de Agricultura, Stéphane Le Foll "a prioridade do goberno é elevar os prezos e reducir o peso do endebedamento das explotacións gandeiras".

Principais medidas de urxencia:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Reestruturación da débeda
O Estado vai comprometer cos bancos unha reestruturación do conxunto das débedas a medio e longo prazo, particularmente elevando o fondo de alixeiramento das cargas (FAC) de 8 a 50 millóns de euros.

Pola súa banda, o Banco público de Investimento poderá garantir ata 500 millóns de euros de crédito bancario de tesouraría ás empresas do sector da gandaría para facer fronte ao conxunto das súas necesidades de tesouraría.

-600 millóns de euros de alixeiramentos e de aprazamentos de impostos.
Desta cantidade, 100 millóns serán dedicados á anulación de cargas e de cotas (exoneración de impostos territoriais), e 500 millóns a aprazamentos (impostos sobre as rendas e as sociedades, o reembolso anticipado de IVE).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-Aumentar as exportacións.
Moi a curto prazo, trátase por exemplo de manter as exportacións de carne cara a Grecia, interrompidas pola crise, reactivando un dispositivo de garantía pública para os exportadores franceses.

A máis longo prazo, unha plataforma "Carne Francia Exporta" encargarase de colocar a carne francesa para cubrir as necesidades de países importadores, particularmente en Asia e arredor do Mediterráneo.

-Simplificación e controis.
O goberno promete simplificar os procedementos administrativos para os gandeiros, e mellorar o xeito no que se realizan os controis sobre o terreo, a que a miúdo dá lugar a tensións entre agricultores e funcionarios.

-Etiquetaxe e abastecemento local.
A Dirección xeral da competencia, do consumo e da represión das fraudes (DGCCRF) reforzará os controis a etiquetaxe da orixe das carnes. O Estado promete de novo favorecer o abastecemento local de carne e produtos lácteos nos colexios.

- Diversificar as rendas dos gandeiros
Trátase de promover que os gandeiros que se doten de plantas de biogás, para transformar os efluentes de gandaría en electricidade e revendela. O Estado propón unha exoneración de impostos locais para o conxunto das instalacións e unha suba das tarifas de compra desta electricidade.

-Desenvolver a contraactualización
O goberno francés quere desenvolver a utilización de contratos cos industriais, para permitirlles aos gandeiros ter máis visibilidade sobre a súa remuneración e a súa marxe.

Descarga aquí o Plan de Medidas de Apoio aos Gandeiros aprobado polo Goberno de Francia.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada