Leite

Forte suba en febreiro dos produtos lácteos na Unión Europea

Loading ad.
Ad could not be loaded.
04/03/2022 9:27 a.m.

Segue a evolución positiva dos mercados lácteos na Unión Europea cunha importante suba na última semana de febreiro.

En concreto, e segundo os datos que ven de publicar esta semana o Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea os prezos da manteiga na UE medraron en febreiro un 1,4%, ata os 5,98 euros o kilo; o leite en pó desnatado (SMP polas súas siglas en inglés) tamén se revalorizou un 3,7% ata os 3,67 euros o kilo, unha suba que foi maior no caso do leite en pó enteiro (un 4,5% máis), que quedou nos 4,63 euros o quilo. Polo que respecta ao queixo chedar, o prezo tamén subiu en febreiro ata os 3,69 euros o quilo, cunha suba do 3,6% respecto a xaneiro.

Descarga aquí o informe completo 

 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada