Noticias de empresa

Foro New Holland de grandes empresas do sector agroalimentario

Campo Galego 01/04/2019 11:46 a.m.

New Holland organizou un foro con empresas do sector agroalimentario para analizar retos de futuro dos principais sectores agrarios, coma o gandeiro, o cerealista, o vinícola ou o olivareiro. O evento desenvolveuse durante a Convención Anual de Concesionarios oficiais de New Holland, celebrada recentemente en Córdoba.

Esta foi a primeira edición do foro de empresas do sector agroalimentario, que terá futuras edicións, e nel participaron Covap, con Antonio Quijada como ponente; o Grupo Solís, con José María Cabrera como ponente; Familia Torres, con Josep Amadó; e Todolivo, con Alfonso Gómez. Tamén interviu como representante da prensa Julián Mendieta, con máis de 50 anos de traxectoria no sector.

[caption id="attachment_89278" align="alignright" width="320"] O vicepresidente de New Holland España, Alessandro Maritano.[/caption]

O evento foi presentado polo director xeral de New Holland España, Riccardo Angelini, e polo vicepresidente de New Holland España, Alessandro Maritano, quen fixo un repaso pola situación de mercado estatal e internacional e incidiu na importancia de que New Holland estea integrado nun grupo líder a nivel global como CNH Industrial.

A xornada, que se desenvolveu a modo de coloquio, permitiu que tódolos participantes fixeran unha primeira exposición analizando liñas estratéxicas de futuro e tendencias de investimentos dos seus segmentos de negocio. Outro punto de interese do encontro, ó que asistía o persoal da rede de concesionarios New Holland, foi abordar as necesidades e demandas de maquinaria, sobre todo en campos coma a agricultura de precisión e a xestión posventa e de recambios.

Etiquetado
Ir a la portada