Carne

Fixado en 88 euros o importe definitivo das axudas asociadas por vacas de carne

Loading ad.
Ad could not be loaded.
19/03/2021 6:29 p.m.

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) acaba de publicar os importes definitivos das axudas asociadas por vacas nutrices de carne, correspondentes á campaña 2020, e que ascenden a 88 euros por animal.

A dotación orzamentaria para a campaña 2019 ascende a 186.200.519 € para a rexión peninsular e 450.794 € para a rexión insular. Este importe repártese entre 2.103.631 animais cumpriron os requisitos establecidos no citado Real Decreto respecto da rexión España peninsular, e 2.995 animais en relación á rexión Insular, fixándose por iso os importes unitarios de 88,51 €/animal para a rexión España peninsular e 150,51 €/animal para a rexión insular.

Estes importes unitarios definitivos aplícanse, tanto aos pagos pendentes como aos pagos complementarios aos xa realizados cos importes unitarios provisionais.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As Comunidades Autónomas xa finalizaron os controis destas axudas e puideron facilitar ao FEGA o número de animais determinados en base ao cal se establece este importe unitario.

A partir deste momento, as Comunidades Autónomas poderán realizar o cálculo dos importes que corresponden a cada gandeiro e ordenar o pago destas axudas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Consulta aquí a nota informativa do FEGA

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada