Carne

Fixada en 29,61 euros por animal a axuda asociada por cebo de tenreiros

Loading ad.
Ad could not be loaded.
07/05/2021 9:10 a.m.

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) acaba de publicar os importes unitarios definitivos das axudas asociadas para vacún de carne para a campaña 2020.

Establecéronse os seguintes importes unitarios:

- 29,61 €/animal para os tenreiros cebados na mesma explotación de nacemento na rexión España Peninsular.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- 15,74 €/animal para os tenreiros cebados que proceden doutra explotación na rexión España Peninsular.

- 79,21 €/animal para os tenreiros cebados na mesma explotación de nacemento na rexión Insular.

- 46,65 €/animal para os tenreiros cebados que proceden doutra explotación na rexión Insular.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Axuda por Dereitos Especiais

O número de animais con dereito a pago desta axuda ascende a 27.681 , segundo se desagrega a continuación por comunidades autónomas, o que supón que o importe unitario definitivo quede fixado en 52,02 €/animal.

A continuación, inclúense os datos comunicados polas diferentes comunidades autónomas, e que serviron de base para a realización do cálculo do importe:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Este importe unitario definitivo aplícase, tanto aos pagos pendentes como aos pagos complementarios aos xa realizados co importe unitario provisional. Por tanto, con este importe unitario definitivo, xa é posible proceder ao pago do 100% do importe total a abonar polos citados réximes de axuda.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada