Madeira

Finsa, a principal industria compradora de madeira de piñeiro en Galicia, valora un ERTE polo descenso das vendas

16/09/2022 5:44 p.m.

A multinacional madeireira galega FINSA, cun persoal de máis de 3.300 traballadores, e principal compradora de madeira de piñeiro en Galicia, empezou a negociar a aplicación dun expediente de regulación de emprego temporal (ERTE) nas súas catro plantas galegas, situadas en Santiago, Padrón, Ourense e Rábade.

Segundo a información que transcendeu, o ERTE exponse para uns 1500 traballadores dos 2500 cos que conta FINSA en Galicia.

Fontes da compañía consultadas por Campo Galego explican o ERTE por “circunstancias produtivas”, debido ao descenso das vendas nos últimos meses.

O vindeiro mércores, 21 de setembro, está prevista unha nova reunión entre o comité de empresa e a dirección para empezar a concretar a duración e demais condicións do expediente de regulación de emprego.

Etiquetado
Ir a la portada