Leite

Finalizada a primeira edición do Diploma en podoloxía bovina

As sesións prácticas da actividade formativa desenvolvéronse nunha gandería de Trazo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 26/02/2019 3:28 p.m.

A Universidade Complutense de Madrid e CONAFE coorganizaron un diploma específico para os profesionais da saúde podal das vacas, co obxectivo de achegarlles coñecementos técnicos e certificar a súa experiencia e calidade de traballo como recortadores de pezuñas.

O curso tivo unha duración de 5 días durante o mes de febreiro, 3 de contido máis teórico na Facultade de Veterinaria de Madrid e 2 integramente prácticos en ganderías de Trazo, A Coruña. A parte teórica foi impartida por profesores da Universidade e veterinarios con experiencia en podoloxía bovina. A parte práctica foi avaliada por dous formadores traídos de Francia exclusivamente para este curso.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Esta primeira edición do Diploma foi para alumnos de nivel avanzado, dirixido a podólogos bovinos que xa teñen anos de experiencia. En total foron 26 alumnos nesta primeira edición. No futuro haberá Diplomas en nivel avanzado e tamén en iniciación.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada