Leite

Finaliza a poxa de Chantada cun volume de vendas de 41.800 euros

Vendéronse 17 dos 19 animais que se poxaban e unha primeiriza acadou o prezo máis alto, de 3.100 euros

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 02/03/2024 5:57 p.m.

Finaliza a poxa de Chantada celebrada esta mañá no mercado gandeiro da localidade lucense. Na xornada vendéronse 17 dos 19 animais presentados.

O prezo medio por animal foi de 2.459 euros e acadouse un volume total de vendas de 41.800 euros. O animal co prezo máis alto foi unha primeiriza da Gandería Penelas, de Castro de Rei (Lugo), que foi mercada pola Gandería López Lampaza, de Sober (Lugo), por 3.100 euros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada