Agroalimentación

Fin de semana para “queixear” en Arzúa

04/03/2022 1:14 p.m.

Dende este venres e ata o domingo, 6 de marzo, celébrase a Festa do Queixo de Arzúa, que este ano chega á súa edición número 47 tralo parón motivado pola pandemia da Covid 19.

Serán 3 días con 6 concertos vermú e queixo maquetón. En total haberá 56 queixerías expondo e vendendo o seu produto e 5 novas, de Lugo, Ourense, Zamora e dúas de Badajoz.

Un Festival do queixo gratuíto baixo carpa con control de entrada e saída

Este ano non haberá as habituais barras dentro do recinto do evento. Haberá que recoller entrada gratuíta desde o 22 de febreiro ás 10 h no 981500222 das Oficinas de Cultura para o pregón máis concerto de Sr Salvaje o sábado 5, e a sesión vermú de BMA o domingo 6. Para os concertos de Marc Seguí e Zahara a noite do sábado e Ailá+Guadi Galego a tarde do domingo, a entrada deberá retirarse a través de ataquilla.com. Por normativa, os asistentes estarán divididos en parcelas de 500 persoas.

#queixo2022

Etiquetado
Ir a la portada