Agroalimentación

Fin de semana para desfrutar do Queixo de San Simón da Costa

05/04/2018 8:13 p.m.

Este fin de semana celébrase na vila lucense de Vilalba a XXIV Feira do queixo DOP San Simón da Costa, un produto cada vez máis valorado tanto no mercado nacional como internacional. O programa da feira inclúe degustacións, showcooking e por suposto, a oportunidade de poder mercarlles directamente a 8 queixerías amparadas polo Consello Regulador.

O punto central desta feira do queixo de San Simón da Costa será a praza da Constitución, onde haberá instalada unha gran carpa para resgardar aos asistentes en caso de choiva.

Velaquí o programa:

Sábado ,7 de abril:
11.00 h apertura do recinto ferial (praza da Constitución)
16.30 h obradoiro de cociña para nenos con Esther MasterChef Junior 5
19.00 h lectura do pregón polo chef Jorge Gago
21.00 h peche de portas

Domingo, 8 de abril:
10.00 h apertura do recinto
12.00 h showcooking da chef María Varela
13.30 h showcooking do chef Yayo Daporta
15.00 h fin da feira

https://twitter.com/twitter/statuses/981796230945701889

Etiquetado
Ir a la portada