Noticias de empresa

FIMA Agrícola arranca cunha aposta pola innovación tecnolóxica e a sostibilidade

A Feira Internacional de Maquinaria Agrícola, que se celebra ata o sábado en Zaragoza, conta con 1.653 firmas expositoras, que ocupan 163.000 metros cadrados

Campo Galego 26/02/2020 8:25 a.m.

Feria de Zaragoza acolle ata este sábado 29 a edición 41 de FIMA, a principal feira de maquinaría agrícola da Península. O evento congrega a 1.653 firmas expositoras, das que 716 son españolas e 937 estranxeiras, procedentes de 37 países. O número de expositores aumentou un 5% en relación á pasada edición e as marcas presentes no certame un 16%. En superficie, acadáronse os 163.000 metros cadrados.

O evento preséntase como un escaparate do potencial do sector, marcado polas novas tecnoloxías, a innovación e unha aposta clara pola sostibilidade e a seguridade no traballo. A Feira distinguiu como novidades técnicas a un total de 41 equipos presentados por unha trintena de expositores.

[caption id="attachment_111705" align="aligncenter" width="660"] Un momento del recorrido de inauguración.[/caption]

A organización espera moverse nunha cifra de visitantes similar á da pasada edición, cando chegara ás 240.000 persoas. FIMA destaca en especial a visita de 160 delegacións e grupos estranxeiros de 46 países, que forman parte do programa de Misións Comerciais organizadas por Agragex e Feria de Zaragoza.

Bolsa de emprego FIMA
Un ano máis, FIMA pon en marcha unha iniciativa que busca mellorar o sector a través dunha maior profesionalización e mellora do emprego mediante a Bolsa de Emprego. É unha iniciativa orientada tanto a persoal técnico como a operarios de campo. Inclúense en concreto os seguintes perfís: enxeñeiro agrónomo, enxeñeiro técnico agrícola, veterinario, técnico agropecuario, operario agropecuario, comercial.

Etiquetado
Ir a la portada