Portada arriba dereita

Festa da Pisa da Castaña este sábado no Courel

07/12/2018 1:11 p.m.

O sábado 8 de decembro, celébrase a XX Festa da Pisa da Castaña do Courel. Será na aldea de Froxán, no concello de Folgoso do Courel, onde se desenvolva esta tradicional pisa que cada ano atrae a centos de visitantes.

Programa:

11:30. Acendido do sequeiro e explicación do proceso de secado da castaña.

12:30. Demostración do pisado e abandoxado da castaña.

13:30. Pregón a cargo do actor Josito Portos.

14:00. Degustación do Menú do pisador (Prezo 12 Euros)

16:00. Mostra do aserrado da madeira con serra de aire

18:00 .- Foliada libre

Durante a xornada haberá música tradicional e baile, así como venda de artesanía e de produtos da zona. Tamén haberá carpas e servizo de pulpería e churrasco.

A Festa da Pisa da Castaña do Courel está organizada pola Asociación Fonte do Milagro, coa colaboración do Concello de Folgoso do Courel e da Deputación de Lugo..

Máis información nesta ligazón.

Etiquetado
Ir a la portada