Portada arriba dereita

Fertiprado rexistra unha nova variedade de trevo apta para terreos difíciles

21/09/2018 10:43 a.m.

FERTIPRADO, empresa de referencia en sementes pratenses, foi a primeira empresa a nivel mundial a inscribir unha variedade de trevo, o Trifolium isthmocarpum -a c.v. Glamour- nun catálogo oficial, o Catálogo Nacional de Variedades de Portugal.

O Trifolium isthmocarpum é un trevo que na súa forma salvaxe atópase en Portugal (Lezíria de Tajo e Sado, e noutros vales), en zonas húmidas, por veces encharcadas ou salgadas, e tamén se pode atopar en varias zonas húmidas de até 900 m de altitude no SO da Península Ibérica, sur de Italia, Córsega, Sicilia e Turquía.

“Trátase dunha leguminosa extraordinariamente produtiva e cunha óptima calidade alimentaria para o gando, pois eleva o nivel de proteína da forraxe e do pasto e presenta unha boa dixestibilidade”, destaca José Freire, o responsable de mercadotecnia de FERTIPRADO.

A empresa está a traballar xa en novas liñas desta variedade no sentido de ampliar a gama de ciclos (duración) e mellorar a produtividade.

Produce forraxes e pastos con alto contido proteico e boa dixestibilidade

O trifolium isthmocarpum ten un porte prostrado, polo que garante unha boa cobertura do solo, e a cantidade de nitróxeno atmosférico que fixa faina moi útil en mesturas como abono verde.

Por outra banda, Ana Barradas, directora da empresa para a área de I&D destaca que grazas á abundancia e dureza das súas sementes, “o Trifolium isthmocarpum revela excelente aptitude para ser usado en revestimentos e pasteiros de carácter permanente”.

Ademais, pon en valor “a súa excelente adaptación a solos alcalinos, arxilosos ou limosos, encharcados ou con certo grao de salinidade”. O resultado, é que mesmo en terreos pobres este trevo “ten unha excelente capacidade para revestir ben o chan e producir un pasto denso e de elevada calidade”.

Como aspecto curioso do trifolium isthmocarpum, a responsable de I&D de FERTIPRADO destaca que “na floración as súas flores exhalan un recendo intenso que as fai moi atractivas para as abellas, con resultados positivos na produción de semente”.

[box style="0"]

Novo saco de 25kg

FERTIPRADO reduciu o tamaño dos seus sacos para unha maior comodidade para o agricultor. Así, a partir de agora todas as sementes das súas mesturas son vendidas en sacos de até 25kg: máis lixeiros, ergonómicos e confortables.

Consulte a dosificación de sementa xunto cos técnicos.

[/box]

Etiquetado
Ir a la portada