Noticias de empresa

“Fertiprado ofrécenos asesoramento contínuo para manexar ben as cubertas vexetais no viñedo”

12/10/2022 10:23 a.m.

María José Moutinho é técnica de Viticultura da adega Aveleda SA. situada na rexión dos Vinhos Verdes, no Norte de Portugal.  Destaca de Fertiprado o seu amplo catálogo de sementes, "o que nos permite lograr o obxectivo que nos marquemos en determinada viña ou en determinadas particularidades das uvas dunha viña". "É dicir, se queremos mellorar o vigor da vide ou quitarlle vigor, se queremos que as cubertas teñan unha ou varias floracións ao longo do ano...etc", explica.

Ademais, destaca tamén  "o servizo técnico que nos ofrece Fertiprado, cun asesoramento permanente que nos permite lograr os obxectivos marcados".

Etiquetado
Ir a la portada