Noticias de empresa

Fertiberia TECH súmase ao sistema de reciclaxe de envases de SIGFITO

Campo Galego 02/11/2020 10:29 a.m.

Fertiberia TECH xa está adherida ao sistema de recollida de envases de SIGFITO, que lle outorgou o logo de calidade que permite aos seus agricultores reciclar os envases de fertilizantes, bioestimulantes e nutricionais da compañía en calquera dos máis de 5.000 puntos en todo o territorio nacional.

A partir de agora, os agricultores que compren fertilizantes Fertiberia TECH poderán acceder ao sistema de recollida SIGFITO, que está autorizado nas 17 comunidades autónomas, podendo reciclar de forma fácil e cómoda todos os envases. Ademais, ao reciclar os envases nos puntos de recollida de SIGFITO, os agricultores poden xustificar o cumprimento coa normativa a través do albará de entrega, que deberán solicitar unha vez realizado o depósito dos envases.

O sistema de reciclaxe conta con 5.000 puntos de recollida autorizados en toda España

A adhesión de Fertiberia TECH a SIGFITO xorde do compromiso firme coa agricultura sostible, o respecto polo medio ambiente e a necesidade de frear a emerxencia climática que está a sufrir o planeta. A aposta de Fertiberia TECH pola tecnoloxía máis avanzada en fertilización, para buscar a máxima eficiencia co mínimo impacto ambiental, non é suficiente se non se acompaña dunha estratexia de sustentabilidade que abarque todo o relacionado coas boas prácticas agrarias: o coidado dos chans, o aforro de auga, o correcto uso e limpeza dos equipos de aplicación, a reciclaxe dos envases, etc.

Fertilización de precisión

Fertiberia TECH é a marca do Grupo Fertiberia que incorpora os abonos especializados de máis alta calidade, precisión e tecnoloxía, avalados por anos de comprobación agronómica nos diferentes cultivos. O concepto "TECH" comprende todo un traballo conxunto, desde a investigación e o desenvolvemento en colaboración con universidades e centros de investigación, ata o apoio técnico/comercial ao agricultor.

Fertiberia TECH desenvolveu así un catálogo de produtos líderes no mercado e tecnoloxicamente innovadores para garantir os mellores resultados. Ademais, Fertiberia Tech conta cunha rede de distribución seleccionada e un equipo amplo e experimentado de técnicos que asegura o asesoramento aos agricultores e un eficaz servizo post-venda.

Etiquetado
Ir a la portada