Noticias de empresa

Feiraco lanza ao mercado a súa nova gama de leite Únicla

Tras varios anos de investigación e desenvolvemento, FEIRACO alcanza os volumes suficientes de produción de leite ÚNICLA que lle permite abastecer a toda a rede de distribución nacional

16/07/2015 8:55 a.m.

Feiraco lanza ao mercado nacional a súa nova gama Únicla. Un produto Premium, único na súa categoría, de alto valor engadido, que busca posicionarse á cabeza dos leites clásicos polo seu sabor diferenciador. Varios anos de investigación permitíronlle a Feiraco alcanzar os volumes suficientes de produción para, agora, fornecer os puntos de venda de toda España.

Merecedora do Primeiro Premio Europeo á Innovación Cooperativa, en 2009, o seu carácter diferenciador débese a que o leite Únicla é o resultado de esmerar o coidado das nosas vacas, conseguindo os beneficios dos pastos de primavera e outono durante todo o ano e completando a dieta animal cun suplemento sobre a base de sementes de liño. Esta alimentación supón unha notable
mellora no benestar animal, o que se traduce nun produto 100% natural e o sabor do leite de antes.

Únicla, leite Premium único na súa categoría

Únicla é un leite único e diferenciado polo seu SABOR, que nos ofrece nas súas tres variedades Enteira, Semidesnatado e Desnatado o exquisito sabor do leite de toda a vida e se posiciona no mercado nacional como referente na súa categoría. Ademais, desenvolve a especialidade 'sen lactosa' coas súas dúas referencias, Semidesnatado e Desnatado, ampliando así a cinco o abano de referencia de Únicla.

Un leite de sabor superior

Únicla é un leite de sabor superior tal e como o constata o Test de Consumidor realizado pola Universidade de Santiago de Compostela sobre un Panel de Consumidores relevante e que enfrontaba a Únicla con dúas marcas líderes do mercado nacional.

Ven de recibir o  premio International Taste Adward

Ademais, acaba de ser galardoada co premio International Taste Adward, recoñecemento anual que avala que é o leite de sabor superior entre todas as da súa categoría. Está convocado polo International Taste & Quality Institute e considerado como a "Guía Chicha" dos produtos alimenticios. O xurado, reunido en Bruxelas, está composto por xefes de cociña e soumillers de prestixio internacional e concedeu a máxima puntuación (3 estrelas de ouro) ao leite Únicla.

Nova imaxe de marca

Únicla aborda o mercado nacional acompañada da súa nova identidade visual. Unha imaxe diferenciadora que permitirá ao consumidor percibila como un leite superior. Así, o novo packaging é un reflexo da esencia de Únicla: un produto Premium que se define como o leite de mellor sabor. É por iso que cada un dos elementos representados na súa imaxe de marca foron sumamente coidados para responder ás esixencias dun produto único no mercado.

Ir a la portada