Viña

A Feira do Viño do Ribeiro 2021 presenta a súa programación

Loading ad.
Ad could not be loaded.
21/05/2021 5:55 p.m.

A organización da Feira do Viño do Ribeiro (Concello de Ribadavia e CRDO Ribeiro) presenta o programa de actividades que terán lugar a vindeira fin de semana do mes de maio, os días 28, 29 e 30 de maio de 2021.

Este ano, debido á situación COVID, a principal novidade será a celebración da FVR nun formato mixto, na que se combinará un completo e variado programa de actividades presencias con aforo reducido e controlado, cunha aplicación de internet na que se terá toda a información tanto das adegas e colleiteiros participantes como da programación.

A APP estará dispoñible na seguinte ligazón: https://app.feiravinoribeiro.com/login e a programación poderase consultar na web do evento: https://feiravinoribeiro.com/

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Entre as actividades presenciais destacan a cata a cegas, na que cada persoa participante catará "a cegas" (é dicir, sen ver a marca do viño) un lote composto por 15 viños. Hai dous lotes distintos e cada un deles constará de 10 viños brancos e 5 viños tintos, de adegas e colleiteiros. Cando remate a cata, entregaráselle o listado de marcas degustadas. Á saída da cata, visitará a tenda onde, se así o desexa, poderá mercar os viños que máis lle gustaron.

Tamén se contarán cos sumilleres Sonia Molero (Uvepositivo.com) e Marcos Eiré (do restaurante Árbore da Veira, de A Coruña, que conta con unha Estrela Michelín) para impartir as catas nas que participarán un total de 27 adegas e colleiteiros. Como novidade, nesta edición Willy Gómez (do Moon 93 Bar&Cocktail de O Carballiño), campeón de España e subcampeón de Europa de coctelería na modalidade “skill”, impartirá un obradoiro de coctelería con viños do Ribeiro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para os amantes dos xogos de escapismo chega o “Ribeiro Escape”, unha versión de escape hall especialmente adaptada ao viño do Ribeiro e na que os participantes deberán resolver os enigmas que se lle poñan durante a proba para chegar ao final da partida.

O sábado será o día escollido para que a actriz Iria Sobrado leve a cabo unha “performance” moi especial co seu espectáculo “Brinde”, no que con un só espectador e durante dez minutos vivirá unha conexión única e directa.

Cando caia a noite sobre Ribadavia, proxectarase sobre a fachada do Castelo un espectáculo de Videomapping. Cada noite as proxeccións serán diferentes e prometen ser moi especiais e espectaculares.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Finalmente, a programación complétase con conferencias, relatorios e mesas de debate, así como obradoiros de maxia e globoflexia para os máis cativos, Sons do Viño, e visitas guiadas ao Museo do Viño de Galicia, ao Castelo de Ribadavia e tamén se poderá visitar a botella xigante da FVR na Alameda.

Varias destas accións serán retransmitidas a través da aplicación para que calquera persoa, independentemente do lugar do mundo no que se atope, poda seguir e coñecer o que se leva a cabo na FVR.

A organización pretende ser pioneira, unha vez máis, dentro dos eventos enoturísticos e gastronómicos, ao lanzar esta aplicación e empregar as novas tecnoloxías para dinamizar a Feira do Viño do Ribeiro e tratar de poñer en valor o traballo e o viño das adegas e colleiteiros do Ribeiro.

Tanto o Concello de Ribadavia como o CRDO Ribeiro fixeron un esforzo moi grande nesta edición, cun meticuloso protocolo de actuación para cumprir as medidas sanitarias e de seguridade esixidas polas autoridades competentes. Todos os acesos e aforos das actividades presenciais estarán controlados, sinalizados e debidamente revisados e desinfectados.

O pregón da presente edición correrá a cargo de José Ramón Estévez, historiador de Ribadavia e persoa moi vencellada á investigación e a promover a cultura no Ribeiro.

Mentres tanto, poderase seguir toda a información sobre a Feira do Viño do Ribeiro na web www.feiravinoribeiro.com e nas redes sociais.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada