Viña

A Feira do Viño de Valdeorras celebrarase os días 1 e 2 de xuño

Loading ad.
Ad could not be loaded.
02/03/2024 12:22 a.m.

O Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras acordou este venres adiantar unha semana a celebración da XXV Feira do Viño en relación á data inicialmente anunciada. Tal e como destaca o presidente do organismo, José Ramón Rodríguez Castellanos, “esta decisión tómase para que o foro máis relevante de cantos se celebran no noso territorio amparado de cara a poñer en valor os nosos viños non coincida en tempo e espazo coas tradicionais festas de Viloira”.

A comisión de festas de Viloira anunciou a decisión de retomar as celebracións, que non se festexaban dende antes da pandemia, con posterioridade a que o Pleno do Consello Regulador fixara a data para a nova edición da Feira do Viño, que se adianta un mes con respecto ao tempo no que habitualmente adoitaba celebrarse.

A este xeito, a Feira terá lugar os días 1 e 2 de xuño. “Queremos que a Feira sexa protagonista absoluta en Valdeorras, nun ano moi especial, posto que acada a súa edición número 25. Por iso, prepararemos unha potente axenda de actos paralelos ligada ao foro que iremos anunciando paseniñamente”, sinalou o presidente do Consello Regulador.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada