Viña

A Feira do Viño de Amandi concregou a milleiros de visitantes

Loading ad.
Ad could not be loaded.
25/03/2024 12:06 p.m.

O Concello de Sober celebrou os pasados venres, sábado e domingo, a XLIV Feira do Viño de Amandi, coa asistencia de miles de persoas.Na edición deste ano participaron 22 adegas da DOP Ribeira Sacra da subzona de Amandi.

Na xornada do venres, o conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, e o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, participaron na inauguración da feira.

A inauguración correu a cargo da Adega D'Fran, de Vilachá de Doade, en homenaxe ao seu fundador, José María Díaz Vázquez, quen faleceu en decembro aos 95 anos de idade.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A festa seguiu coa actuación da Banda de Música Folk de Ribas de Sil e a Charanga Festicultores Troupe. 

O sábado comezou coa precata e cata oficial da XLIV Feira do Viño de Amandi, no Hotel Palacio de Sober.

Pola mañá ofreceu o seu tradicional concerto a Banda de Música de Sober. Xa pola tarde segue a festa con varias actuacións musicais a cargo de Batukada Creativa, a charanga Louband e a actuación de Malenne.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Mañá a xornalista Lucía Rodríguez le o pregón ás 13:00 horas. E de seguido daranse a coñecer os viños gañadores da DOP da subzona de Amandi.

Gañadores das catas

O domingo foi o día grande, coa letura do pregón a cargo de Lucía Rodríguez, xornalista e presentadora de televisión con raíces en Sober. A continuación déronse a coñecer os viños gañadores da DOP da subzona de Amandi nesta edición da Feira:

Tinto xoven (son os tres gañadores):

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Marcelino Mencía 2023 (Adega Marcelino)

- Val da Lenda Mencía 2023 (Adega Val da lenda)

- Cardenal Rodrigo de Castro Mencía 2023 (Adega Soutelo)

Mellor branco xoven:

Don Bernardino Godello 2023 (Adega Don Bernardino)

Mellor rosado xoven:

Tareixa 2023 (Adega A Carqueixa)

Mellor tinto barrica:
Garoubas 2021 (Adega A Caqueixa)

Mellor tinto doutras colleitas:

Don Bernardino mencía 2022 (Adega Don Bernardino)

Todos eles levaron un diploma e unha peza de Gundivós, ao igual que o autor do cartel anunciador da Feira, o vilalbés Eduardo Pérez Baamonde.

Na súa intervención, o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, deulles as grazas aos viticultores e viticultoras por "facer de Sober e da Ribeira Sacra un territorio vivo; unha herdanza inigualable que recollemos dos nosos devandeiros; e os que temos responsabilidade debemos salvagardar para futuras xeracións".

O Concello homenaxeado na Feira deste ano foi o do Pereiro de Aguiar, representado polo seu alcalde, Luis Menor.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada