Carne

Feira en defensa dos gandeiros dos Ancares mañá en San Román

Haberá exposición e venda de animais de raza rubia galega e asturiana de los valles, premios aos mellores exemplares, subasta de xovencas organizada por Acruga e mostra de artesanía e alimentación

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 13/05/2022 1:22 p.m.

[caption id="attachment_172190" align="aligncenter" width="1440"] A feira, que non se celebraba desde o ano 1985, foi recuperada no 2019[/caption]

A localidade de San Román, en Cervantes, celebra este sábado a II edición da Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña cun completo programa de actividades para dar visibilidade á labor de produción de carne de calidade e coidado do territorio que realizan os produtores desta zona da montaña de Lugo. 

A feira, que foi recuperada no ano 2019 por iniciativa dun grupo de gandeiros e de veciños desta zona dos Ancares, reunidos en torno á asociación Territorio Verde, tivo que ser suspendida os dous últimos anos pola pandemia da covid-19, pero os organizadores quixeron retomar de novo a súa celebración como un xeito de reivindicar as especiais características da gandería que se practica nesta zona de alta montaña, cun manexo do gando adaptado á climatoloxía e unha orografía que impide moitas veces a mecanización das labores agrícolas. 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os organizadores queren reivindicar a labor de produción de carne de calidade e coidado do territorio que realizan os produtores desta zona da montaña de Lugo

Os traballos no campo da feira, para habilitar espazos seguros tanto para o gando como para os visitantes, xa comezaron. Haberá exposición e venda tanto de animais de raza rubia gallega como de asturiana de los valles, moi utilizada tamén nesta zona da raia con Asturias e León, e premios aos mellores exemplares de cada unha das razas nas distintas categorías (xovencas, vacas e touros). 

O programa da xornada complétase con exposición e venda de vehículos e maquinaria agrícola, produtos de alimentación e artesanía, actuacións de música tradicional e polbeiros para o xantar.  

Loading ad.
Ad could not be loaded.

 

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada