Desenvolvemento rural

Feira de outono das emprendedoras do rural este venres en Lugo

27/10/2022 2:19 p.m.

Este venres, 28 de outubro, celébrase en Lugo a Feira de Outono das Emprendedoras do Rural, unha xornada divulgativa na cal se fará visible o peso das mulleres no ecosistema do emprendemento rural ao través de diversas intervencións e charlas.

A cita será no Mercado Municipal da Rúa Quiroga Ballesteros ao longo de todo o día.

Ademáis, das intervencións e charlas de mulleres que xa son referencia no eido empresarial e rural, na feira tamén se porá de manifesto o rol que a universidade e as institucións públicas deben xogar para fomentar o desenvolvemento rural ao través da figura das emprendedoras.

O evento contará cun espazo onde varias empresas e iniciativas lideradas por mulleres exporán os seus produtos e servizos.

Velaquí o programa:

Máis información

Etiquetado
Ir a la portada