Leite

Feijóo quere transformar na comunidade tres de cada catro litros de leite producidos en Galicia

A Xunta anuncia que a nova estratexia do sector lácteo, que se presentará este mércores, contará con cinco eixos: produción, industria, mercados, cadea de valor, formación e innovación

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 16/11/2020 9:20 p.m.

[caption id="attachment_131302" align="aligncenter" width="660"] Alberto Núñez Feijóo, xunto a Carmen Lence, visitando a planta de Leche Río no Ceao (Lugo)[/caption]

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este luns que a nova estratexia do sector lácteo, que a Xunta presentará este mércores, pretende impulsar a I+D+i e a profesionalización da industria láctea galega co obxectivo de chegar a transformar o 75% do leite que se produce na comunidade.

A intención do Goberno da Xunta é, pois, acabar cun dos males endémicos do sector lácteo galego: o da escasa transformación na nosa comunidade. Na actualidade, e malia a instalación nos últimos anos en Galicia de industrias como Entrepinares ou Inleit, parte significativa do leite producido sae da nosa comunidade sen se transformar. 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Estímase que na actualidade 4 de cada 10 litros producidos polas ganderías galegas marcha en cisternas a transformarse a industrias de fóra da comunidade, levando con el o valor engadido, e que, do leite industrializado en Galicia, o 60% é envasado como leite líquido, o que menos valor xera, mentras outro 15% é transformado en queixos, unha porcentaxe que en países como Francia se achega ao 50%.  

Estímase que na actualidade 4 de cada 10 litros producidos polas ganderías galegas marcha en cisternas para transformarse fóra da comunidade, levando con el o valor engadido

Durante unha reunión cos directivos do Grupo Leche Río, Feijóo anunciou tamén que esta semana se aprobarán os Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano, cos que o Goberno galego pretende "inxectar capacidade económica aos sectores produtivos para reactivar a economía e para facer un investimento excepcional co obxecto de manter o emprego”, abundou.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Aumentar a produción de queixo

No tocante á nova estratexia do sector lácteo que se presentará o vindeiro mércores, Feijóo subliñou que esta iniciativa contará con cinco eixes: produción, industria, mercados, cadea de valor, formación e innovación. “E aspirará ademais a aumentar o peso das denominacións de orixe protexidas de queixo na transformación industrial”, resaltou, asegurando que para iso poranse en marcha campañas de promoción das catro DOP (Tetilla, San Simón, Cebreiro e Arzúa-Ulloa) e a adaptación dos formatos e envases ás demandas do consumo.

Un dos obxectivos é aumentar o peso das denominacións de orixe de queixo na transformación industrial do leite

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Así mesmo, no eido da I+D+i e da profesionalización da industria, o presidente da Xunta destacou melloras na formación no referido á tecnoloxía industrial, loxística e seguridade alimentaria; e o impulso dun proxecto de investigación do sector coas universidades para reducir a pegada de carbono.

Logo de lembrar que esta estratexia forma parte do Plan de reactivación e dinamización do rural, que xerará un impacto económico de máis de 560 millóns de euros, o responsable do Goberno galego destacou o compromiso do Grupo Leche Río co rural, reflectido nas máis de 450 explotacións coas que traballan: “Tenacidade, esforzo e inconformismo son as cualidades que definen a esta empresa”, concluíu.

Máis información
- Promesas para o sector lácteo: a Xunta anuncia 125 medidas.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada