Desenvolvemento rural

Feijóo mantén a Ánxeles Vázquez como conselleira de Medio Rural

14/11/2016 8:07 a.m.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asinou, este domingo, o decreto de nomeamento dos membros do Executivo, no que mantén como conselleira do Medio Rural a Ánxeles Vázquez Mejuto, quen accedeu ao cargo en outubro do ano pasado.

Na súa conta en Facebook, Ánxeles Vázquez manifestou que “será un pracer volver estar ao fronte da Consellería do Medio Rural”. “Fareino do mellor modo que sei -engade-, do lado dos veciños, traballadores e empresarios do sector para que o noso rural ocupe o lugar que merece en Galicia e teña tamén voz no resto de España e Europa”.

Ir a la portada