Axenda

Expertos internacionais en gando vacún reuniranse en Vigo no congreso de ANEMBE

06/05/2018 4:55 p.m.

Expertos internacionais en gando vacún reuniranse do 6 ao 8 de xuño en Vigo no XXIII Congreso Internacional ANEMBE de Medicina Bovina.

O Pazo de Congresos "Mar de Vigo" acollerá durante estes días a centos de veterinarios chegados de toda España e doutras partes do mundo para abordar os últimos avances en sanidade, alimentación ou reprodución de gando vacún, tanto de leite como de carne.

Consulta aquí a información sobre o congreso de Anembe:

-Programa científico.

-Relatores.

-Posters.

-Comunicacións orais.

Toda a información sobre o congreso irase actualizando puntualmente na web: http://www.congresoanembe.com/

Etiquetado
Ir a la portada