Viña

Éxito dos viños galegos no ‘Decanter World Wine Awards’ 2021

Loading ad.
Ad could not be loaded.
13/07/2021 7:05 p.m.

Os viños galegos foron uns dos triunfadores nos premios ‘Decanter World Wine Awards’, que publicaron recentemente os seus resultados, dun concurso internacional de viño que tivo lugar en Londres do 14 ao 28 de xuño..

Especialmente destacado é que Galicia logrou 2 dos 9 máximos galardóns, na categoría Best in Show, que recaeron en viños españois: Para Matilda Nieves 2020, un viño mencía da DO. Ribeira Sacra, e para “Mar de Ons”, un albariño da DO. Rías Baixas, logrando ambos unha puntuación de 97 puntos.

Tamén destaca a medalla de Platino lograda por “Paco & Lola Vintage”, un albariño de 2015 da DO. Rías Baixas, que logrou tamén 97 puntos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Velaquí a lista completa dos viños galegos premiados:

Decanter World Wine Awards

Os premios Decanter World Wine Awards, que celebraron este ano a súa 18ª edición, son un dos concursos de viños máis importantes e prestixiosos do mundo. Os DWWA deben a súa reputación internacional ao seu rigoroso proceso de avaliación, cun xurado composto polos mellores catadores a nivel internacional. Cataron un total de 18.094 viños de 56 países. Durante 15 días consecutivos 170 xuíces expertos en viños, incluídos 44 Masters of Wine e 11 Master Sommeliers, outorgaron as medallas: 50 Best in Show, 179 Platinum, 635 Gold, 5.607 Silver e 8.332 Bronze.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada