Viña

Éxito de calidade e cantidade na vendima 2020 da DO. Rías Baixas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
29/10/2020 1:20 p.m.

Neste ano de incerteza a vendima no D.O. Rías Baixas pechouse sen ningún sobresalto. As 159 adegas implicadas na campaña 2020 recolleron 34.470.166 kg de uva, un 6,38% máis que na anterior. Os rendementos medios da mesma situáronse en 8.420 kg de uva por hectárea.

As previsións apuntaban a que podería ser unha vendima máis abundante, pero finalmente os acios non pesaron todo o esperado. Como explica o director técnico do Consello Regulador, Agustín Lago, "o relevante é o óptimo estado da uva á súa entrada en adega, tamén o feito de que a meteoroloxía acompañou para que se puidese recoller no momento idóneo de maduración, así como de forma ordenada e con tranquilidade".

A vendima no D.O. Rías Baixas comezou o pasado 27 de agosto e finalizou o 2 de outubro: "Os traballos de recollida iniciáronse un pouco antes do habitual na nosa denominación e desenvolvéronse practicamente durante o mes de setembro", explica Agustín Lago. As expectativas para os viños son boas: "Os mostos destacan pola súa intensidade aromática e equilibrio, ou sexa, a súa compensada acidez coa gradación", engade o director técnico do Consello Regulador.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Desagregación por variedades

A vendima comezou coa recollida das variedades destinadas á elaboración dos viños espumosos de calidade, logo seguíronlle as uvas brancas, especialmente a Albariño, cuxo ciclo vexetativo é máis curto e a súa maduración máis temperá. Finalmente deuse paso ás tintas e vendimas tardías.

No D.O. Rías Baixas, as variedades brancas representan o 99,08% da uva recollida, abanderadas pola Albariño que superou os 33 millóns de quilos, e seguida pola Caiño Branco, a Loureira e a Treixadura. As variedades tintas representan o 0,92% do total, coa variedade Sousón como principal e, seguida pola Mencía e o Caiño Tinto.

En canto á produción por subzonas, dicir que o Val do Salnés continúa sendo a de maior produción cunha representación do 64%, seguida polo Condado do Tea cun 21% e O Rosal co 9,3%.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Na presente campaña de vendima participaron 159 adegas elaboradoras. Un total de 4.687 viticultores recolleron uva nas 4.090 hectáreas de superficie produtiva inscritas na Denominación de Orixe Rías Baixas.

Protocolo COVID-19

Os estritos protocolos de prevención adoptados para protexerse contra a COVID-19 deseñados polo sector e o Consello Regulador teñen contribuído a preservar a saúde tanto de vendimiadores e viticultores como dos traballadores de adega, os 24 veedores/auditores e o persoal técnico implicados na presente campaña. As directrices establecían unha serie de medidas para garantir a seguridade no labor de auditoría desenvolvida durante o proceso de recollida da uva, todo iso coa intención de previr os contaxios.

Ademais das normas xerais -uso obrigatorio de máscara, hixiene de mans e distancia de seguridade interpersoal-, establecéronse unha serie de especificidades relativas ás auditorías a realizar nas adegas e viñedos inscritos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

É importante lembrar ademais, que antes de empezar a campaña, o Sergas realizou probas serolóxicas aos traballadores para poder afrontar as tarefas con garantías.

VOLUMEN DE UVA VENDIMIADA/VINIFICADA POR SUBZONA (DATOS EN Kg)

Datos en Kg

Uva vendimiada

Uva importada de otras subzonas

Uva exportada a otras subzonas

Uva vinificada en cada subzona

         
Condado do Tea

7.454.666

580.438

903.880

7.131.224

O Rosal

3.265.875

1.005.725

166.476

4.105.124

Ribeira do Ulla

1.490.434

30.979

1.148.881

372.532

Soutomaior

58.240

0

0

58.240

  1. Val do Salnés

22.200.951

1.681.333

1.079.238

22.803.046

         

Total

34.470.166.-

3.298.475.-

3.298.475.-

34.470.166.-

PRODUCCIÓN VARIEDADES BLANCAS POR SUBZONAS (DATOS EN Kg)

 

Condado do Tea

O Rosal

Ribeira do Ulla

  1. Soutomaior

Val do Salnés

Total

             
ALBARIÑO

7.056.446

2.612.857

1.465.733

55.659

22.093.976

33.284.671

TREIXADURA

144.495

56.842

7.805

0

422

209.564

LOUREIRA

56.965

171.264

0

0

3.777

232.006

CAIÑO BLANCO

6.811

326.703

5.761

0

11.278

350.553

GODELLO

1.431

47.050

3.150

654

16.600

68.885

TORRONTES

5.881

0

0

0

0

5.881

             

Total

7.272.029.-

3.214.716.-

1.482.449.-

56.313.-

22.126.053.-

34.151.560.-

PRODUCCIÓN VARIEDADES TINTAS POR SUBZONAS (DATOS EN Kg)

 

Condado do Tea

O Rosal

Ribeira do Ulla

  1. Soutomaior

Val do Salnés

Total

             
CAIÑO TINTO

3.630

3.052

1.987

790

38.482

47.941

LOU.TINTA

166

0

0

174

3.781

4.121

ESPADEIRO

11.933

0

0

0

18.413

30.346

BRANCELLAO

1.863

8.614

0

225

2.142

12.844

SOUSON

115.480

20.542

188

185

1.662

138.057

MENCIA

39.760

0

5.810

553

7.014

53.137

PEDRAL

9.805

0

0

0

1.780

11.585

CASTAÑAL

0

18.951

0

0

1.624

20.575

             

Total

182.637.-

51.159.-

7.985.-

1.927.-

74.898.-

318.606.-

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada