Viña

Éxito da D.O. Ribeira Sacra con 13 melladas no Concurso Mundial de Viños Extremos 2018

Loading ad.
Ad could not be loaded.
23/07/2018 4:26 p.m.

Os viños do D. O. Ribeira Sacra que se presentaron ao vixésimo sexto Concurso Internacional “Mondial des Vins Extremes” organizado polo CERVIM do 12 ao 14 de xullo en Val d´Aosta (Italia) regresan con 13 medallas, o que supón un aumento notable con respecto ás 9 do ano pasado.

A este certame presentábanse un total de 720 viños, provenientes de 277 produtores de 19 países diferentes, das cales, 58 mostras procedían de adegas da Ribeira Sacra.

A cerimonia de entrega de premios terá lugar no Palazzo Madama de Turín o 23 de setembro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os viños con D.O. Ribeira Sacra que resultaron galardoados son os seguintes:

CATEGORIA VIÑOS BRANCOS:

Medalla de Ouro
- "ALMALARGA"– 2017 Alma das Donas – Pantón
- "VIÑA VELLA" – 2017 S.A.T. Virxen dos Remedios – O Saviñao
- "MAGA" – 2017 Karma do Sil S.L.U. – Monforte de Lemos

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Medalla de Prata
- "VIÑA GAROÑA"– 2017 Adegas Viña Garoña S.L. – Chantada
- "CONDADO DE SEQUEIRAS BRANCO"– 2017 Grupo Peago SL– Bilbao

CATEGORIA VIÑOS TINTOS:

Medalla de Ouro
- VIÑA MEZQUITA – 2017 José Manuel Vidal López – Sober
- VIA ROMANA – 2016 Adega Via Romana – Chantada

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Medalla de Prata
- VAL DA LENDA – 2017 Victor Manuel Rodríguez López – Sober
- REGINA EXPRESION – 2016 Regina Viarum S.L-– Sober
- ESTRELA – 2017 D´Fran, S.C. – Sober
- TEAR – 2017 Adega Tear – Sober
- SABATELIVS – 2017 Adegas e Viñedos Lareu S.L. – Chantada

CATEGORIA VIÑOS TINTOS ANADAS 2015 E ANTERIORES:

Medalla de Prata
- ALMAMADRE – 2015 Alma das Donas – Pantón

O Mondial des Vins Extrêmes, organizado polo CERVIM (Centro de Investigación, Estudos, Protección, Coordinación e Valorización da Viticultura de Montaña) é o concurso enolóxico máis importante a nivel mundial, reservado aos viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos heroicos (socalcos ou terreos con máis do 30% de declive ou altitude superior a 500 metros s.n.m. ou das pequenas illas).

Quere promover e valorizar a produción enológica desas terras que se caracterizan polas dificultades estruturais, pero tamén por viños singulares que teñen unha personalidade extraordinaria.

Consulta aquí a lista completa de viños premiados no Concurso Internacional “Mondial des Vins Extremes” 2018

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada